
- Gonzalo L. Torres.
Moito falamos do Feismo urbanístico en Galicia, e seguro que moitos de nós vemos de forma cotiá numerosos exemplos do mesmo, aínda que non é habitual reflexionar sobre iso e o seu impacto na paisaxe urbana galega. Nin sequera é fácil definilo. Algúns se refiren a el como unha tipoloxía de construcións humanas degradantes para a súa contorna máis propias do rural que da contorna urbana. Outros falan de construcións trapalleiras que maltratan a paisaxe. E tendencias máis recentes xa non falan de chapuzas ou mal gusto, senón mera reciclaxe e adaptación ao medio. E por haber, mesmo aparecen defensores do feismo, aínda que afortunadamente son os menos. Un triste exemplo deste, témolo en Belesar, coa estrutura inacabada do que ía ser un hotel, que leva paralizado máis de 15 anos entre preitos xudiciais que arrastra desde 2004. A solicitude da Asociación Veciñal do Saviñao, o arquitecto municipal vén de informar do estado da cuestión: Trala denuncia da APLU e a solicitude de derrubo total, houbo un faio favorábel ao promotor do Hotel, logo de recurrir diante do TSXG. Dende entón reciben os informes sectoriais favorables pero deben esperar á recalificación do terreo. No mes de decembro do 2021 apróbase dita recalificación polo que a intención do promoto é a de rematar a obra, para o que deben presentar novo proxecto e recibir os informes sectoriais favorables, o que vai retrasar úns anos o remate do dun edificio, que verdaderamente, da medo velo.•