O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, supervisou as obras de mellora da estrada provincial LU-P-1809 que comunica Chantada e Antas de Ulla por Taboada dos Freires cun investimento que supera os 150.000€.
O proxecto inclúe a renovación de practicamente o conxunto da vía, actuando en máis de 20 quilómetros dos preto de 25 quilómetros que ten.
Tomé Roca comprobou os avances da empresa adxudicataria, Construcciones Leonardo Miguélez SL, que ten un prazo de execución de tres meses para estes traballos. Salientou a importancia da actuación que beneficiará de maneira directa a moitos veciños e veciñas da comarca da Ulloa e Taboada que transitan a diario por esta vía. “A mellora das comunicacións é unha prioridade para o Goberno provincial”, detallou o Presidente, que engadiu que “defendemos a mobilidade como un dereito básico dos veciños e veciñas da provincia porque cremos que unha boa rede de estradas é fundamental para o equilibrio territorial e para o desenvolvemento do rural, porque axuda a fixar poboación e a achegar os servizos”.
As obras consisten na reapertura de cunetas, saneamento da explanada e do firme nas zonas onde existe un blandón, tamén na reparación de fochancas e afundimentos que presente a vía e na repavimentación. Actuarase no treito comprendido entre os quilómetros 3,6 ao 23,8.
A institución provincial destina 17,3M€ dos seus Orzamentos para o 2022 ás tarefas de mellora do firme, roza de maleza, conservación e mantemento da rede viaria provincial, a máis extensa de todo o Estado e tres veces maior ca da Xunta en Lugo.•
Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS
A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil iniciou hoxe as obras de retirada da represa e do muro
A Deputación de Lugo vén de comezar os traballos de rehabilitación do firme dun tramo da
O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, e o presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, José
O alumnado do Obradoiro Dual de Emprego Serra do Faro VIII, que forma a vinte persoas
O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anunciou a licitación dun novo proxecto de mellora no