CCOO, CIG e CSIF tachan de bochornosa a mesa de negociación da RPT no Concello de Monforte

A conflitividade laboral chegou tamén ao Concello de Monforte logo da negocicación da nova RPT. Foto CCOO.

Nuns tempos nos que a evolución da inflación está a xerar as primeiras sinais de conflitividade laboral como consecuencia das esixencias de mantemento de poder adquisitivo nas negociacións dos novos convenios colectivos, esta tensión tamén está a chegar aos concellos da nosa comarca. Tal é o caso da negociación para a aprobación da nova Relación de Postos de Traballo no concello de Monforte. CCOO, CIG e CSIF veñen de presenta un comunicdo conxunto no que califican de bochornosa a mesa de negociación recentemente celebrada. Consideran que se produciu unha falta de resecto ás organizacións sindicais asinantes deste comunicado, que representan á maioría das e dos traballadores do Concello de Monforte, así como un desprecio absoluto á negociación colectiva, por parte da Primeira Tenente de Alcalde, co apoio do sindicato irmán UGT. Según din, negóuselles a posibilidade de dispor dun prazo razonable de tempo para realizar un estudo pormenorizado da proposta de RPT remitida pouco tempo ates da reunión, alegando que un prazo de 48 horas, en palabras da concelleira, “es más que suficiente para realizar un estudio detallado del documento”, cando este ten máis de 400 follas. Tamén se negaron a elaborar un calendario de reunións para desenvolver unha negociación real da RPT. Consideran estes sindicatos, que para que se produza unha negociación real da RPT deberían dispor de:

  • Un calendario de reunións para debatir e consensuar o manual de valoración, as descripcións dos postos de traballo e a valoración destes.
  • Un período razonable de tempo para estudar detalladamente os documentos, contrastala co persoal e elaborar propostas de mellora.
  • Convocar unha Mesa de Negociación onde se vote o documento definitivo que se leve a pleno. A día de hoxe descoñecemos cal será o documento que se trasladará ao pleno.
    Según estes sindicatos, a Primeira Tenente de Alcalde, confunde o termo negociación con imposición. CCOO, CIG e CSIF consideran que a vontade dos representantes do Concello de Monforte non é contar con eles nin cos traballadores de Monforte, polo que se opoñen á que califican como falacia negociadora.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Os socialistas reclaman á Xunta que rectifique xa, ante o fracaso do sistema de vacunódromos para as persoas maiores

Seguinte Nova

Avanzan as obras de mellora da estrada de Chantada a Antas de Ulla

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: