CIG-Saúde denuncia que o quitamedos posto polo Concello impide cargar a caldeira de biomasa do Hospital

Imaxe do quitamedos da discordia. Foto CIG-Saúde.

A sección sindical de CIG-Saúde no Hospital de Monforte denuncia o comportamento do Concello pola implantación dun quitamedos na Rúa Das Codesas, na parte posterior do Hospital. Según o representante de CIG Saúde Vicente Vázquez, no ano 2013 instalase unha caldeira de biomasa no Hospital de Monforte co fin de reducir o consumo e as facturas de electricidade, e desde ese ano viña descargando un camión de pelets periódicamente, na traseira do Hospital. «É decir, este camión levaba descargando aquí nove anos, sen ningún tipo de problema e conseguindo un gran aforro para o hospital», sinala Vicente Vázquez. Continúa o representante de CIG-Saúde, que neste ano 2022 o H.P de Monforte pide permiso ao Concello para facer unhas obras de mellora na súa parte posterior co fin de ter unha entrada por esa zona. O permiso é concedido, pero cando o Hospital pide permiso de paso, este é denegado e obríganlle ao hospital a pechar a zona onde se realizaron as obras. O hospital acata a decisión e pecha a parte datrás. Denuncia CIG-Saúde, que «non contento con esto, en xuño deste ano aparece un quitamedos posto polo Concello para evitar que o camión que levaba descargando 9 anos noutra entrada, non poda seguir facendo o seu labor. Hai que decir que por aquí pasa unha canaleta que está en desuso (de feito está derrubada a maior parte dela preto da calle Corredoira que é onde remata a Rúa das Codesas). Pois ben, parece ser que esta canaleta é o que lle serve o Concello de excusa para poñer o debandito quitamedos, excusándose en que é a Confederación Hidrográfica a que non deixa». Según CIG -Saúde, esta situación fixo que o hospital tivera que botar en agosto 35.000 litros de gasoil que ao precio que vai supuxo unha inversión de máis de 35.000 euros. «Lembramos que estes cartos son de todos e que se poderían empregar en outras cousas máis necesarias e que de seguir así nin nos queremos imaxinar o custo o final do ano», sinala Vicente Vázquez.
Dende CIG-Saúde reiteran a sua petición para manter unha reunión entre o Concello, a Confederación hidrográfica e o SERGAS para que encontrar unha solución na maior brevidade posíbel.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Teatro en Bóveda

Seguinte Nova

O Equipo de Goberno do Concello de Monforte califica de falsas as afimacións de CIG-Saúde

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss