Día mundial da Saúde Mental: unha ocasión para lembrar que o benestar e a saúde mental de todas as persoas son unha prioridade global

O Día Mundial da Saúde Mental celebrado o pasado día 10 de outubro, quixo este ano poñer o foco sobre a infancia, a adolescencia e a xuventude.
A saúde mental infanto-xuvenil é unha das grandes materias pendentes da sanidade que é preciso mellorar. O obxectivo do lema deste ano, a identidade visual e as accións que se levaron a cabo con motivo do Día Mundial da Saúde Mental 2022 ían na liña de implicar no coidado e protección da saúde mental dende a primeira infancia, non só ás institucións e axentes que toman decisións, senón tamén a mozos e adolescentes, así como familias con nenos, e comunidades educativas, para que presten atención á saúde mental e lle dean a importancia que ten na vida das persoas, practicamente dende que nacen.
A imaxe, creada polo deseñador Antonio Lorente, pretende conectar coa poboación máis nova, poñéndoa en primeiro plano e chiscando o ollo a unha das canles de comunicación máis utilizadas por mozos e adolescentes: as redes sociais. Nela ilústrase unha publicación que leva por título ‘Como a saúde mental. Polo dereito a crecer en benestar’, na que aparece un grupo de adolescentes facéndose un selfie nun ambiente lúdico, pero con expresións diferentes nos seus rostros. Nesta escena tamén se introduce un dos temas fundamentais: os altos niveis de uso das redes sociais e a súa correlación coa aparición de depresión, ansiedade, estrés, adicción a Internet, etc. Ao fondo, pódense ver máis persoas, entre elas un home que sostén un neno pequeno. A idea é situar a nenas, nenos, adolescentes e mozos como protagonistas do Día Mundial da Saúde Mental.
Segundo un informe de UNICEF, calcúlase que máis do 13% dos adolescentes de entre 10 e 19 anos padecen un trastorno mental. Tamén segundo este informe, a ansiedade e a depresión representan ao redor do 40% destes problemas de saúde mental, e a iso hai que engadirlle o malestar psicosocial de nenos e mozos que non alcanza o nivel de trastorno mental, pero que perturba a súa vida. a súa saúde e as súas expectativas para o futuro.
A educación emocional é unha das pezas fundamentais para promover a saúde mental desde as primeiras etapas da vida. Pero, ademais, hai unha serie de factores de risco que inflúen na saúde mental de nenas, nenos, adolescentes e mozos, como ter sido vítima de abusos sexuais, acoso escolar ou ciberacoso, xénero, expectativas de emprego ou cambio climático, etc. adiccións con ou sen substancia, soidade non desexada, ser migrante ou ter sobrevivido a unha guerra.
Por iso, é prioritario aumentar os recursos destinados a estes colectivos que cubren a prevención e promoción da saúde mental, detección, diagnóstico, tratamento e continuidade asistencial dos trastornos mentais.

A DEPUTACIÓN TAMÉN PARTICIPA NOS ACTOS DO DÍA MUNDIAL DA SAÚDE MENTAL
A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, e o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participaron este luns nos actos que organizou a asociación Saúde Mental A Mariña con motivo do Día Mundial da Saúde Mental e que se desenvolveron na sede que o colectivo ten en Cervo.
García Porto felicitou á asociación Saúde Mental A Mariña por promover “un evento tan importante coma este, onde nos xuntamos máis de 200 persoas de diferentes ámbitos para falar de saúde mental, para darlle visibilidade, concienciar e abordar retos neste ámbito esencial”. Tamén felicitou tanto ao equipo directivo e o persoal que traballa na asociación, unhas 40 persoas; como a todas as persoas que son usuarias destes servizos, polo seu “gran labor, que é tan necesario para a nosa sociedade”. Dende a Deputación de Lugo, explicaron a Deputada, “cremos que a visibilización e a concienciación é fundamental. A necesidade de falar e de romper o silencio é o camiño para acabar co estigma que sofren moitas persoas que padecen enfermidades ou doenzas mentais. Este é un paso básico para abordar, entre outros problemas, o suicidio”. Neste sentido, García Porto referiuse ao dato de que o 3% dos menores de idade tivo pensamentos suicidas o ano pasado. “É necesario poñer o foco na infancia e na xente moza. O coidado e a protección da saúde mental debe facerse dende os primeiros anos, involucrando tanto ós rapaces e rapazas, e ás familias, coma ás comunidades educativas, para que se lle dea a importancia que merece á saúde mental e que se ofreza o mesmo trato que se lle dá a outros aspectos que afectan á nosa saúde”, subliñou García Porto.
“Dende a Deputación, dentro das nosas competencias, establecemos alianzas e colaboracións con entidades e asociacións como a de Saúde Mental A Mariña para avanzar nestes obxectivos. Unha colaboración que forma parte da nosa aposta polas políticas sociais, que son xa unha sinal de identidade da Deputación de Lugo.
De feito, dedicámoslle a este tipo de políticas máis dun terzo do presuposto”, indicou a Deputada.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Xornadas sobre autismo en Sober

Seguinte Nova

Regresan as rutas polo Camiño de Inverno organizadas polo Concello da Pobra do Brollón

Últimas noticias sobre SALUD

A %d blogueros les gusta esto: