O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, recibiu ó novo Subdelegado de Defensa en Lugo, Juan José Fernández Arrojo. Ambos amosaron a súa vontade de colaboración e compromiso coa cidade.
O encontro serviu tamén para abordar diversos proxectos a desenvolver en Monforte ó longo dos vindeiros meses, como unha exposición sobre o exército, un concerto de bandas militares e unha xura de bandeira, no próximo ano, que se irá concretando en próximas reunións de traballo.•