Monforte destina ao Servizo de Axuda no Fogar o 11% do seu orzamento anual

• Xa está aberto o prazo de presentación de ofertas para a licitación do novo contrato, cun investimento que alcanza os 3.351.482,40 euros para os próximos dous anos

As traballadoras do Servizo de Asistencia no fogar de Monforte, asistindo a un dos plenos do Concello.. Foto ENCOMÚN.

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, vén de informar que o Concello xa ten aberto o prazo de presentación de ofertas para a licitación do novo contrato do Servizo de Axuda no Fogar. “Trátase dun investimento que alcanza os 3.351.482,40 euros para un contrato de 2 anos polo que dende o Concello facemos un esforzo moi importante para desenvolver este servizo social, como é o Servizo de axuda no Fogar”, destaca o Alcalde. Da importancia deste servizo dentro das arcas municipais, é o feito de que a partida que o Concello destinará para o SAF este ano 2022 supón máis de 1,6M€ (1.675.741,20€), o que significa o 11% do orzamento anual do exercicio 2022.
Dende o Goberno de José Tomé, incídese no concienzudo traballo levado a cabo na elaboración das bases para a licitación deste contrato, dada a importancia e relevancia social que ten, e para elo levouse a cabo unha análise pormenorizada e diversos estudos económicos, a fin de poder ofrecer un servizo o máis completo posible para as persoas que o necesitan.
O prazo para a presentación de ofertas a este servizo estará aberto ata o 30 de outubro de 2022.
Obxecto do contrato
O obxecto deste contrato do SAF é a realización do servizo de axuda no fogar do Concello de Monforte de Lemos, na modalidade de libre concorrencia e de dependencia, entendido tecnicamente como un servizo integral, polivalente, e comunitario, orientado a unidades familiares que presentan dificultades para a realización das actividades elementais da vida diaria, proporcionándolles atención, mediante intervencións específicas que favorezan a súa permanencia e integración no seu entorno habitual, e compensen a súa restrición de autonomía funcional.
As bases deste prego de contratación foron confeccionadas de acordo coas prescricións técnicas elaboradas polo departamento de Servizos Sociais. Neste senso, o Alcalde destacou que “dende o Equipo de Goberno, traballamos concienzudamente na elaboración das bases para a licitación deste contrato dada a importancia e relevancia social que ten, tanto para os usuarios deste servizo, os nosos maiores, como para o persoal que traballa no servizo.”

Adxudicación por procedemento aberto
A forma de adxudicación do contrato será o procedemento aberto, no que todo empresario interesado coa habilitación necesaria como entidade prestadora do servizo poderá presentar unha proposición, quedando excluída toda negociación dos termos do contrato cos licitadores. A adxudicación do contrato realizarase utilizando unha pluralidade de criterios de adxudicación en base á mellor relación calidade-prezo. O Alcalde sinalou que “para chegar a este prezo tívose en conta tanto o custo da man de obra, é dicir, a retribución de todos os traballadores a subrogar, incluíndo o incremento do IPC para o ano 2022, que ascende a 6,5%, que é a parte máis relevante do custo do contrato, así como de todos os custos laborais derivados do convenio colectivo de aplicación no ámbito autonómico, concretamente do II Convenio colectivo da actividade de axuda no fogar de Galicia.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A asociación veciñal do Saviñao reclama unha urxente solución para un dos símbolos do Feismo crónico da Ribeira Sacra: a estrutura inacabada dun hotel en Belesar

Seguinte Nova

Manolo Martínez y Manolo Eiriz, recibiron a Medalla ao Mérito Deportivo de Galicia

Últimas noticias sobre PORTADA

A %d blogueros les gusta esto: