Novo Obradoiro Dual de Emprego para Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso do Courel

Participantes no novo Obradoiro Dual de Emprego Foto CQ.

Coa participación da Xefa Territorial da Consellería de Emprego, Pilar Fernández, e os alcaldes de Quiroga e Folgoso, Julio Álvarez e Lola Castro, e o Tenente de Alcalde de Ribas de Sil, Roberto Castro, púxose en marcha un novo Obradoiro Dual de Emprego, SilLor IX que amplía o seu período de duración, que pasa de nove a doce meses. Os traballos que se desenvolverán dentro do Concello de Quiroga son: Pavimentación e repavimentación de rúas nos núcleos de A Ribeira, Bendollo, Carballo de Hospital, Castí de Lor e Parteme. Pavimentación exterior e melloras no centro sociocultural de A Ermida, así como unha reconstrución dun muro en San Vitoiro. Repavimentación e adecuación de beiravías no núcleo de Quiroga. Dotación de mobiliario urbano e pavimentación da nova rúa, sita entre a rúa Tallos e o Cuartel da Garda Civil. E finalmente rematarase a última fase da praza da rúa Lago.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, amosa a súa disconformidade con que os maiores non poidan vacunarse nos PAC

Seguinte Nova

Xunta e Concello restablecerán as infraestruturas de abastecemento de auga danadas polos incendios

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: