O Equipo de Goberno do Concello de Monforte califica de falsas as afimacións de CIG-Saúde

A Xunta de Goberno Local na súa sesión celebrada o día 26 de setembro do 2022 adoptou entre outros o seguinte acordo, en relación co Escrito da CIG- Saúde:
«Toma razón a Xunta de Goberno Local de escrito presentado neste Concello polo delegado da CIG-Saúde no que solicita reunión sobre quitamedos no camiño das Codesás.
A Xunta de Goberno Local, por unanimidade, acorda comunicar que: Logo de analizar o escrito da CIG-Saúde, a Xunta de Goberno ve con extrañeza que se fagan afirmacións falsas sobre unha materia que non está dentro do que recolle a Lei de Liberdade Sindical como un cometido propio. En primeiro lugar, o Camiño das Codesás non se atopa dentro do casco urbano, xa que según as Normas Subsidiarias de Planeamento e a sentenza do T.S 2159/2014, esta vía forma parte da zona rústica de Monforte.
Por outra banda, dentro das competencias exclusivas municipais referidas á sinalización e ordenación do tráfico, correspóndelle ó Concello, e neste caso concreto, foi a Policía Municipal nun informe a que recomendou poñer o quitamedos para evitar que persoas ou vehículos puideran caer na canaleta de regadío que se atopa moito máis baixa que a rasante do Camiño.
En relación coa descarga de biomasa que se viña facendo dende o “ano 2013”, compre sinalar que cando se fai algo de xeito irregular non consolida ningún dereito, xa que esa actividade nunca foi autorizada polo Concello nin pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.
Nas Normas Subsidiarias de Planeamento non figura ningunha vía pública de conexión do Camiño das Codesás cos terreos do Hospital, xa que conta con dúas saídas autorizadas para a entrada e saída de vehículos cara a rúa Corredoira e outra saída peonil cara o Camiño das Codesás.
Na licenza que concedeu o Concello para o silo da biomasa, solo figura a autorización da obra, non figura un novo acceso, o que se deduce que ese silo foi mal orientado cando se construíu.
Da documentación que se lle indica, pode solicitar copia á Dirección do Hospital Comarcal de Monforte de Lemos». •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

CIG-Saúde denuncia que o quitamedos posto polo Concello impide cargar a caldeira de biomasa do Hospital

Seguinte Nova

Un toque de cor na Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

A %d blogueros les gusta esto: