Regresan as rutas polo Camiño de Inverno organizadas polo Concello da Pobra do Brollón

• O Concello da Pobra do Brollón retoma ‘Coñece o teu Camiño, paso a paso’, unha proposta para que veciños e veciñas da Pobra do Brollón poidan completar o Camiño de Inverno.

Unha das etapas das rutas polo Camiño do Inverno. Foto GPCAPB.

Logo de dous anos, dende o Concello de A Pobra do Brollón, decidiron volver a poñer en marca as rutas polo Camiño de Inverno, unha proposta coa que se pretende que todos os veciños e vecinas da Pobra do Brollón que teñan interse poidan completar o Camiño de Inverno.
A iniciativa iniciouse en 2019, dentro do plan O Teu Xacobeo da Xunta, co obxectivo de percorrer o Camiño dende Nocedo ata Santiago en dez etapas.

RUTA INTERRUMPIDA NO ANO 2020 POLA PANDEMIA
En 2020, a actividade quedou paralizada por mor da pandemia, completadas sete das etapas previstas.
No presente mes de outubro, o Concello da Pobra do Brollón propón realizar as últimas tres etapas dende Silleda ata Santiago de Compostela. Serán os domingos 16, 23 e 30, con saída ás 8:00 dende A Pobra do Brollón.

ESTE ANO A ACTIVIDADE NON ESTÁ SUBVENCIONADA POLA XUNTA
Tras completar cada etapa, pola tarde inclúese unha visita a algún lugar de interese próximo.
Desta vez, ao non estar a actividade subvencionada pola Xunta, é preciso abonar 10 euros por etapa, que inclúen o desprazamento en bus e a guía. A comida non está incluída; a idea é tipo xantar de campo, levando cada persoa a súa comida e bebida.
Para participar é obrigatorio anotarse no teléfono 637820233. O prazo de inscrición acaba o mércores antes de cada etapa.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Día mundial da Saúde Mental: unha ocasión para lembrar que o benestar e a saúde mental de todas as persoas son unha prioridade global

Seguinte Nova

Último paso para que a Residencia de Ribas de Sil poida abrir a finais de ano

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss