Segue aberto ata o 31 de outubro o prazo dos préstamos IFI Innova para apoiar iniciativas empresariais innovadoras

A Xunta de Galicia, a través do Igape e da Axencia Galega de Innovación (Gain), mantén aberto ata o vindeiro 31 de outubro o prazo para solicitar os préstamos IFI Innova dirixidos a pemes que precisen financiamento para desenvolver un proxecto de I+D+i que mellore a posición competitiva da empresa. Dotados cun orzamento para este ano de 2,5 millóns de euros e cofinanciados pola Unión Europea a través do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020, prevén mobilizar 4 millóns de euros en apoios a iniciativas que desenvolvan empresas de calquera sector de actividade, especialmente as de base tecnolóxica. Estes préstamos, a tipos de interese reducido, poden chegar ata os 500.000 euros a un prazo máximo de 12 anos con 4 de carencia. O programa enmárcase na Axenda Financeira 2022 da Xunta de Galicia, contribuíndo así á reactivación económica e a mellora da competitividade do tecido empresarial galego. Nas dúas edicións anteriores, concedéronse un total de 5,25 millóns de euros en préstamos, a través dos que se conseguiu mobilizar 7,59 millóns.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Triplícase o orzamento para as axudas de prevención fronte ao lobo, ata alcanzar os 1,9 millóns de euros

Seguinte Nova

Presentacións na Librería Proencia

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: