Todo listo para o programa de Benestar en Balnearios para persoas maiores en novembro e decembro

Ofrécense estadías de dez días en réxime de pensión completa nun dos 15 establecementos participantes. Foto GPXG.

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, presentou no Balneario Iberik Auga Santas de Pantón o programa de Benestar en Balnearios para persoas maiores. O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a orde de convocatoria desta iniciativa, que ofertará preto de 640 prazas en establecementos de balnearios para os meses de novembro e decembro.

ESTADÍAS DE 10 DÍAS
A Xunta de Galicia retoma este programa despois do parón provocada pola covid-19 e destinará 136.000 euros, isto é, un 24% máis que o orzamentado na última convocatoria, en 2019.
Ofrécense estadías de dez días en réxime de pensión completa en 15 establecementos de toda a comunidade.
A Administración autonómica desenvolve esta iniciativa, destinada a todos os maiores de 60 anos e tamén a aqueles que superen os 55 e sexan pensionistas, para mellorar a súa calidade de vida ao fomentar actitudes positivas cara o autocoidado da saúde e favorecer as relacións sociais. Por iso, a Xunta de Galicia aumenta a achega que realiza a cada participante, chegando a financiar ata o 43% do custo da praza.

Ademais de impulsar a calidade de vida das persoas maiores, este programa pretende apostar polo sector dos balnearios que é punteiro na Comunidade. Todo aquel que queira solicitar a súa participación pode facelo ata o día 24 de outubro.
Preferentemente poderase realizar por sede electrónica da Xunta de Galicia, aínda que tamén é posible facelo de xeito presencial en calquera rexistro oficial Administración autonómica ou oficina de Correos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Un toque de cor na Ribeira Sacra

Seguinte Nova

O PP denuncia que PSdeG e BNG bloquean a mellora dos hospitais comarcais

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: