Dentro das «Xornadas sobre Coidados, vulnerabilidades e dependencias. Olladas desde os feminismos», que organizadas pola Fundación Luis Seoane e coordinadas por Ánxela Caramés haberá, dende o 15 de novembro de 2022 ata o marzo de 2023, unha serie de intervencións artísticas en tres dos museos que integran a Rede Museística da Deputación de Lugo.
Estas intervencións parten dun diálogo co contido destes museos que permitan abordar varias temáticas vencelladas ás problemáticas dos coidados desde unha perspectiva feminista.
Así, no Museo Pazo de Tor (Monforte), móstrarase a creación artística en relación á maternidade e a crianza.
Estas pezas dialogan con obxectos expostos no museo, coma o berce, a mecedora ou as pezoneiras de cristal.
Andrea Costas presentará por primeira vez o vídeo-performance Feliz, sobre o destete dos seus fillos xemelgos, que forma parte do proxecto Desapego; xunto cunha nova peza sonora realizada a partir do arrollo de durmir aos seus bebés. Xisela Franco na vídeoinstalación Vía Láctea representa unha maternidade en movemento, na que aparece ela mesma amamantando a súa filla nunha atmósfera acuática e inquedante. Ana Gesto realiza varias foto-accións e vídeo-accións xunto a súa filla Berta, a partir doutros proxectos (como a baralla Mujeres Dadá promovida por Ediciones Canibaal, ou a performance Dó de peito). Andrea Hauer en Second Skin Abstract utiliza materiais reciclados da cotidianeidade —como camisetas usadas polos seus fillos ou ramas atopadas— para aludir ao traballo de coidados no ámbito privado.•
Últimas noticias sobre CULTURA
O grupo de pop-punk La La Love You chegará a Monforte o venres 16 de agosto
A XXIV Mostra de Artesanía Artelemos, inaugurada o pasado luns 5 de agosto polo Alcalde José
O Pazo de Tor foi o escenario da presentación do catálogo da exposición «Historia do Futuro»
O pasado 19 de xullo, o Concello da Pobra do Brollón celebrou o Orgullo Guímaro. A
A parroquia de Ferreiros acolleu a pasada fin de semana a segunda edición do festival Brindadeira.Brindadeira