Xa funciona o novo Servizo de Atención Temperá da comarca de Chantada

O novo Servizo de Atención Temperá da comarca de Chantada xa está en funcionamento. e listo para facer intervencións personalizadas e adaptadas a nenos de 0 a 6 anos con necesidades transitorias e/ou permanentes no seu desenvolvemento ou con risco de padecelas. Esta unidade está situada provisionalmente no Espazo Xove Chantada, aínda que está previsto que se traslade ao edificio da Policía Local. O horario de atención é de luns a xoves de 9:00 a 19:00 h. e os venres de 9:00 a 14:30 h. As familias interesadas poden contactar co servizo chamando ao 982 83 13 32 ou ao 621 18 15 57, ou a través do mail: satcomarcachantada@gmail.com.
O novo Servizo conta cun equipo formado por unha psicóloga/neuropsicóloga, unha logopeda e unha fisioterapeuta. A poboación infantil de ata 6 anos pode acceder a esta asistencia a través dunha derivación por parte da súa pediatra. A prestación deste servizo, que apoia e subvenciona a Xunta, conta cun orzamento inicial de 19.134,19 € para a posta en marcha da actividade.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Avanzan as obras de mellora da estrada de Chantada a Antas de Ulla

Seguinte Nova

A alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, amosa a súa disconformidade con que os maiores non poidan vacunarse nos PAC

Últimas noticias sobre SAÚDE

A %d blogueros les gusta esto: