
Con máis de 150 participantes procedentes de distintos puntos de España, Sober acolleu unha Xornadas sobre autismo promovidas por Aula 10 Centro Psicopedagóxico e de Desenvolvemento Infantil. O evento contou coa participación de Anabel Cornago, creadora do Son da herba ao crecer, un blogue de referencia para familias con fillos con autismo no que comparte a súa experiencia persoal como nai dun adolescente autista.•