O PP de Monforte denuncia o estado da rede de sumidoiros e o risco de inundacións con choiva intensa

Dende o PP de Monforte reiteran as súas demandas ao goberno local, presidido polo socialista José Tomé, da necesidade de mellorar as redes de saneamento e de abastecemento de auga. Os populares revisaron o estado da rede de sumidoiros tanto no centro da cidade como na periferia e comprobaron que están en estado moi deficiente, tupidos polas herbas e pola sucidade.
A portavoz popular, Katy Varela, lembra que “neste ano, tras dúas intensas tormentas, houbo en Monforte inundacións nas principais rúas da cidade”. Como consecuencia, explican os populares, aflorou á superficie, é dicir, a calzadas e beirarrúas “sucidade solidificada e ata ratas mortas”.
Varela sinala: “O alcalde manifestou que as inundacións debéronse as fortes choivas e que os sumidoiros estaban limpos”. Fronte a esta afirmación, sinala a portavoz do PP, “procedemos a revisar os sumidoiros en diferentes rúas da cidade e comprobamos que o seu estado é lamentable”.
O PP atopou deficiencias en sumidoiros tanto no mesmo centro, como Hortas e Santo Domingo e noutras como a Rúa Abeledos. Tamén están mal, por citar outros casos, en Piñeira e no barrio da Estación. Varela afirma: “É necesario que o goberno local se tome en serio o problema das infraestruturas hidráulicas e planifique accións a curto, medio e largo prazo para acometer as melloras necesarias, tanto na rede de auga potable como na de colectores”. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Unha visión artística sobre a maternidade no Pazo de Tor

Seguinte Nova

18 millóns de euros para aumentar as plantacións, a silvicultura e a xestión das coníferas e frondosas

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss