A Ribeira Sacra presenta o seu proxecto de mobilidade sustentable

• O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, mantivo esta semana unha reunión de traballo con representantes do Consorcio de Turismo

EO vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, no encontro desta semana en Sober . Foto GPXG.

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, mantivo un encontro esta semana en Sober co Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra para avaliar a candidatura do proxecto de mobilidade sustentable, que se vai presentar á segunda convocatoria do programa Moves Singulares.
Deste xeito analizáronse os elementos necesarios para presentar a mellor candidatura posible deste proxecto vital para que veciños e visitantes poidan desprazarse de xeito limpo, eficiente e seguro por esta zona de grandes valores naturais, culturais e paisaxísticos.
O proxecto, cun orzamento de 6M€, busca a redución da presenza de vehículos privados a favor dun transporte colectivo eléctrico e a transformación do seu servizo recreativo: o catamarán turístico.
Deste xeito, contempla o uso de barcos eléctricos, electrobarcas de paso, buses eléctricos e a dotación dos intercambiadores e pantaláns con puntos de recarga.
O impulso da mobilidade eléctrica é un dos obxectivos recollidos na Axenda Enerxética de Galicia 2030.
Desde a Xunta estase a realizar un gran esforzo neste sentido, así o Consello vén de aprobar a ampliación ata os 40,5M€ do Plan Moves III co obxectivo de apoiar tanto a adquisición deste tipo de vehículos como a instalación de puntos de recarga.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Xunta ampliará os beneficios fiscais e segue apostando polo reequilibrio territorial en favor das provincias de Lugo e Ourense

Seguinte Nova

Somos Outono: a nova campaña de actividadas da Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss