Ana Pontón arroupou a Efrén Castro no acto da súa presentación como candidato do BNG á Alcaldia de Sarria

Pontón definiu a Efrén Castro como o alcalde que Sarria precisa para abrir un tempo novo e darlle un futuro mellor ao concello. Foto BNG.

A portavoz nacional, Ana Pontón, participou no acto de presentación de Efrén Castro como candidato do BNG á Alcaldia de Sarria, que definiu como unha persoa “dialogante, pŕoxima, amable e humilde, o alcalde capaz de darlle a Sarria un novo rumbo cun proxecto de goberno para aproveitar todo o seu potencial”.

SARRIA É UN DIAMANTE EN BRUTO
“Efrén coñece Sarria como a palma da súa man e ten experiencia de xestion para colocar este concello no lugar que lle corresponde, porque Sarria leva demasiado tempo parada, desaproveitando oportunidades cando temos un concello que é un diamante en bruto: somos cabeceira de comarca, temos un sector agrario aínda forte, pero ao que lle falta pulso industrial; porque temos un enorme patrimonio cultural e porque temos xente talentosa con grande capacidade de iniciativa”, enumerou en primeira persoa dada a súa vinculación con este concello, onde naceu e onde vive a súa familia.
“Temos moito potencial para ser un referente en termos de preservación do medio ambiente, do coidado do río, de desenvolvemento local e para mellorar a calidade de vida da veciñanza, afondou. O que precisa Sarria para aproveitar todo este potencial é un alcalde con capacidade e con proxecto político para darlle un futuro mellor ao concello, e ese alcalde é Efrén Castro da man do proxecto que representa o BNG”, proclamou a líder nacionalista.

URXE SACAR SARRIA ADIANTE
Pontón fixo fincapé na urxencia de sacar Sarría adiante porque pese a todas as súas fortalezas o municipio está “estancando”, unha situación na que leva moito tempo despois de que pola casa consistorial tivesen pasado alcaldes do PP, do PSOE e de independentes, “pero ningún tiña un proxecto para colocar esta vila na vangarda, pois non fixeron máis que quedarse na rutina sen ter a valentía nin as ideas para modernizar e transformar Sarria”.
“E nun momento como o actual, de grandes cambios s transformacións a nivel global, hai que sacar a Sarria dese bucle de apatía e poñer en marcha un novo proxecto, xustamente o que quere facer o BNG, poñer Sarria a funcionar, na vangarda, con confianza nas potencialidades que temos aquí. E podemos facelo, porque xa o fixemos en Allariz, en Ribadeo, en Carballo, en Pontevedra e en tantos e tantos concellos que avanzan da man do Bloque”, explicou.
A líder nacionalista destacou que o avance que se vive nos concellos gobernados polo BNG ao longo e ancho de Galiza “non é por casualidade senón o resultado de ter un proxecto valente, porque os goberno do BNG nas vilas e cicades non están para quentar a silla senón para traballar pola veciñanza.

MELLORAR A VIDA DAS PERSOAS
Os gobernos municipais nacionalistas transforman en positivo para mellorar a vida das persoas, recuperan o espazo público para as persoas, menos coches e máis nenos e nenas xogando na rúa, máis persoas maiores paseando tranquilas”, recalcou.
Pontón subliñou tamén que son sinais de identidade dos gobernos municipais do Bloque “a defensa clara do comercio de proximidade e do tecido económico local, a defensa dos servizos públicos de calidade ou tamén fomentar a participación dos e das veciñas, porque defende concellos democráticos e cunha xestión eficaz, onde cada euro conta, sobre todo nun momento de crise de prezos, a maior en corenta anos”

EFRÉN CASTRO, O IMPULSO DE SARRIA
Sarria precisa un novo impulso, indicou a portavoz nacional, “e no BNG temos con Efrén Castro a persoa e o proxecto político para lograr dar ese impulso, para este concello e para o conxunto de Galiza”, fronte a un PP que ante os problemas responde con “mentiras e propaganda”.
“O PP deixa unha Galiza en pequeno, un País que vai a menos e no BNG queremos unha Galiza que vaia a máis, unha Galiza en grande e estou convencida que imos conseguilo, paso a paso, concello a concello, como en Sarria, apostando polo cambio de futuro que representa o BNG nesta vila da man do noso candidato a Alcaldía, Efrén Castro”, concluíu.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Deputación reclama á Xunta un plan de choque en sanidade ante as carencias que sofre o 80% dos concellos da provincia

Seguinte Nova

Sarria e Monforte renovarán as súas
Oficinas de Emprego

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

A %d blogueros les gusta esto: