Chantada acollerá unha planta piloto de lúpulo indoor

Chantada foi a sede elixida pola ‘startup’ Ekonoke para poñer en marcha unha planta piloto de I+D co obxectivo de validar a escalabilidade do seu método de cultivo do lúpulo ‘indoor’, despois dun investimento de 4,2 millóns de euros.
A rolda de investimento estivo liderada por Colleita de Galicia, o motor de innovación agrícola da Corporación Hijos de Rivera, cuxas novas instalacións piloto albergarán un espazo de 1000 metros cadrados que se situará no polígono de Os Acivros. Ekonoke sinalou nun comunicado que “se trata do primeiro paso para avanzar comercialmente con este proxecto e desenvolver a produción nunhas futuras instalacións adecuadas para este cultivo en Galicia”. O lúpulo cultivado nas instalacións de investigación da empresa en Alcobendas e San Sebastián de los Reyes xa foi empregado por Hijos de Rivera para producir a primeira cervexa elaborada exclusivamente con lúpulo de interior. Trátase de Respect! da Tita Rivera que se pode probar nos locais da marca na Coruña, Madrid e Vigo.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Sarria e Monforte renovarán as súas
Oficinas de Emprego

Seguinte Nova

A Oficina de Turimo de Chantada fai balance do verán

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: