Sarria e Monforte renovarán as súas
Oficinas de Emprego

Imaxe da actual Oficina de Emprego de Sarria, sita na Rúa Nova. Foto EnComún.

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez vén de anunciar que o Goberno achega un investimento de 306.800 euros para a renovación da oficina de emprego no concello de Sarria. A subdelegada fixo este anuncio logo de manter unha reunión coa directora provincial do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE), Estefanía Pita.
Isabel Rodríguez explicou que o Ministerio de Traballo e Economía Social resolveu o Plan de subvencións para financiar a renovación de instalacións en oficinas de emprego con persoal do Servizo Público de Emprego Estatal. “Esta é unha demostración máis do compromiso que mantén o Goberno cos concellos da provincia, mellorando e fortalecendo un servizo imprescindible para a cidadanía, máis necesario que nunca para desenvolver con éxito as novas políticas de emprego”, manifestou.
Con esta nova actuación, o Goberno achega case 2,2 millóns de euros para a mellora de oficinas de emprego na provincia. Concretamente, son para as novas sedes nas cidades de Lugo, Monforte de Lemos, Vilalba e Sarria. Estas oficinas son compartidas co Servizo Galego de Colocación da Xunta de Galicia, polo que será a Comunidade Autónoma a encargada de xestionar estes fondos do proxecto.
Rodríguez informou que este Plan de subvencións do Goberno ten por obxecto a realización de obras de renovación, adecuación e/ou reparación total ou parcial das instalacións, centros e dependencias das oficinas de emprego xa existentes ou de nova planta. Para distribuír o importe da subvención, tívose en conta o número de postos de traballo do SEPE na oficina, a superficie por empregado dispoñible no local e o proxecto das obras que se van realizar na oficina subvencionada.

Novas oficinas en Lugo, Monforte e Vilalba
Rodríguez lembrou que o Goberno tamén inviste fondos na nova oficina de emprego da cidade de Lugo.
Neste caso, o Goberno financia con dúas subvencións por importe de 1.227.000 euros o proxecto que ten en execución a Xunta no barrio da Residencia. As obras da nova oficina central de emprego de Lugo foron adxudicadas en 2.150.033 euros. Para este proxecto, o Goberno tamén facilitou as instalacións da antiga Escola de Enfermería que foron cedidas gratuitamente pola Tesourería Xeral da Seguridade Social para acoller a nova oficina de emprego.
Ademais, o Goberno achega outros 342.160 euros ao proxecto para o traslado da oficina de emprego de Vilalba e outros 312.880 euros ao traslado da de Monforte.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Ana Pontón arroupou a Efrén Castro no acto da súa presentación como candidato do BNG á Alcaldia de Sarria

Seguinte Nova

Chantada acollerá unha planta piloto de lúpulo indoor

Últimas noticias sobre EMPREGO

CENTRO DE FORMACIÓN AUDIOVISUAL

Publicidade O Centro de Formación Audiovisual do SdeA da Deputación de Lugo imparte formación regrada e non regrada relacionada co eido audiovisual
Ir aInicio

Don't Miss