Somos Outono: a nova campaña de actividadas da Ribeira Sacra

Desde o Consorcio Turístico Ribeira Sacra seguen traballando para desestacionalizar o turismo que chega á nosa comarca, e manter unha oferta de actividades interesante que atraia aos visitantes máis aló das tempadas de verán ou semana santa. E o outono ofrece unha oportunidade inmellorable pola súa riqueza paisaxística. É por iso que non se quixo desaproveitar esta ocasión e preparouse unha atractiva oferta de actividades para realizar durante os meses de outubro e novembro que está a resultar todo un éxito de participación:

  • 29 de outubro: Cestas e ao bosque! (Pantón). Prezo: 15 € / Horario: de 10:00 a 19:00 h.
  • 30 de outubro: Hall escape no Museo de Olería de Niñodaguia (Xunqueira de Espadanedo). Prezo: 6€/ grupo (máximo 10 persoas por grupo) / Horarios: 11:00, 12:30, 16:30 e 18:00 horas (duración aprox. actividad 1 hora) / Inclúe game master e material necesario para o xogo.
  • 5 de novembro: Winefulness (Pantón). Prezo: 6 € / Horario: de 10:00 a 13:00 horas / Inclúe sesión de mindfulness e degustación de viños D.O. Ribeira Sacra.
  • 12 de novembro: Curso de explorador (Carballedo). Prezo: 15 € / Horario: de 10:00 a 17:00 horas / Inclúe monitor especializado e picnic / Ruta de 12 km – Dificultade media
  • 13 de novembro: Cestas e ao bosque! (Pantón). Prezo: 15 € / Horario: de 10:00 a 19:00 horas / Inclúe refrixerio a media mañá e xantar; obradoiro de micoloxía; saída ao campo para actividade micolóxica; navalla; miniguía de peto e sorteo de obsequios. Más información no teléfono +34 638 823 592 ou no correo electrónico turismo@ribeirasacra.org. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Ribeira Sacra presenta o seu proxecto de mobilidade sustentable

Seguinte Nova

A Deputación reclama á Xunta un plan de choque en sanidade ante as carencias que sofre o 80% dos concellos da provincia

Últimas noticias sobre TURISMO

A %d blogueros les gusta esto: