A Asociación Albores promove obradoiros para mulleres coidadoras

No marco do Día Internacional da Muller Rural, a Asociación Albores promove, xunto coa Fundación Mujeres, unha serie de obradoiros para mulleres coidadoras.
O programa vai dirixido a dous colectivos: mulleres coidadoras con problemas de saúde mental e mulleres coidadoras de persoas con enfermidade mental.
Con este ciclo preténdese facer máis accesibles as novas tecnoloxías a un colectivo de mulleres especialmente afectado pola fenda dixital, as mulleres rurais do colectivo de familiares e persoas con problemas de saúde mental.
Dende a Asociación Albores, queren destacar que as mulleres do Lugo sur rural con enfermidade mental grave (principalmente esquizofrenia e trastorno bipolar) viven unha situación oposta á dos homes. A miudo son as responsables das tarefas domésticas e de coidados do resto da familia, quedando nun segundo plano o seu propio autocoidado. Pola contra, cando quen ten enfermidade mental grave é home, a familia non lle pide que se faga cargo de tarefas. O recoñecemento das capacidades destas mulleres é positivo en tanto en canto a familia valora a súa aportación, mais por outro lado perxudícaas porque non lles deixa tempo para desenvolvan o seu proxecto laboral e de vida. Tamén resaltan que no noso entorno 9 de cada 10 persoas que coidan de dependentes por enfermidade mental, seguen a ser mulleres, principalmente as nais e/ou as irmás. Ademais 2 de cada 3 destas coidadoras teñen máis de 65 anos.
Os obradoiros deron comenzo o18 de outubro e rematarán o 8 de novembro. Serán desenvolvidos os martes en horario de 10:30-12:30 e contan coa colaboración do Concello de Monforte que cedeu as súas instalacións da aula Cemit do Edificio Multiusos.
Aínda que actualmente están cubertas as prazas, ass interesadas en asistir a novas convocatorias poden preinscribirse no teléfono 982 404 968 (Asociación Albores).•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Rueda amosa o compromiso da Xunta coa saúde mental

Seguinte Nova

Avanzan a bo ritmo as obras da Ponte de Piñeira

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss