A Deputación mellora estradas, fomenta o emprego e financia o Servizo de Axuda no Fogar en Pantón

A institución provincial destinou este ano 10.000 euros para unha nova edición da
Feira do Viño de Pantón

A Deputación de Lugo inviste este ano no concello de Pantón máis de 350.000€ a través de diferentes vías de actuación que melloran os servizos e calidade de vida dos veciños e veciñas. Concretamente, a institución provincial destina máis de 160.000€ na mellora de estradas, máis de 111.000€ ao fomento do emprego, 26.000€ para reforzar o Servizo de Axuda no Fogar (SAF), ou 25.000€ para apoiar o turismo a través de diferentes medidas.

9 POSTOS DE TRABALLO
Grazas a 111.000€ da Deputación para o fomento do emprego, este ano creáronse un total de 9 postos de traballo, entre eles de peón para diferentes servizos, un monitor deportivo, un auxiliar administrativo ou un técnico auxiliar de biblioteca.
Grazas á institución provincial, o Concello de Pantón, a través do Plan Único de Cooperación 2022, tamén pode comprar novos equipos informáticos para as oficinas municipais e mellorar a súa administración electrónica. A institución provincial achega para estes conceptos preto de 11.200€.
Outra das actuacións importantes que o Concello de Pantón poderá acometer grazas ás achegas que a Deputación de Lugo fai a través do Plan Único de Cooperación 2022 ten que ver co turismo. Concretamente, a institución provincial destinou 10.000€ para unha nova edición da Feira do Viño. Ademais, a Deputación de Lugo financia con 6.270€ o festival Trece Roeis e achega ao Club de Golf de Augas Santas un total de 10.000€ para o torneo feminino Ribeira Sacra Patrimonio de la Humanidad, unha cita xa consolidada no calendario internacional deste deporte.
Precisamente, no eido deportivo a Deputación destina 5.000€ neste concello do sur da provincia para actividades de zumba, pilates e ximnasia de mantemento.
Máis de 4.600€ das arcas provinciais van destinados a fomentar en Pantón as actividades culturais de carácter itinerante, como son as diferentes animacións, talleres e obradoiros que se realizan ao longo do ano. E no que respecta ao ámbito cultural, a Asociación Cultural Escola de Baile e Gaitas O Castro recibe unha achega de 1.365€ para a realización dunhas xornadas de promoción e difusión da cultura e da música popular galega.
Mediante axudas en réxime de concorrencia competitiva, a ANPA do Colexio Público de Pantón recibe da Deputación 1.120€ para poder desenvolver o programa Da escola á granxa, visitas de escolares de Primaria a gandarías, producións agrícolas e pequenas empresas de transformación de todas as comarcas.
Outros 2.815,65€ da institución provincial van destinados á Comunidade de Augas Potables de Amandi-Pombeiro para a renovación das tubaxes de diferentes mananciais.
No capítulo Servizos Sociais, cos fondos do Plan Único provincial 2022, a Deputación inviste 11.257,75€ para o Servizo de Axuda no Fogar, unha prestación básica moi importante porque axuda a mellorar a calidade de vida das persoas permitíndolles a permanencia no seu entorno de convivencia habitual.
Pantón forma parte tamén da rede de concellos do programa de termalismo da Deputación, Lugo Termal, un programa mediante o que a institución provincial ofrece descontos en tres balnearios da provincia –entre eles o de Augas Santas- para favorecer o benestar da veciñanza e, ao mesmo tempo, impulsar o turismo sostible e de calidade a través do termalismo.
A institución provincial ten en marcha ademais proxectos de calado para este concello, como o Centro de Atención a Maiores, para o que se asinou un convenio de colaboración por importe de 1,7M€. •

A Deputación de Lugo acometeu melloras de camiños e obras importantes en estradas de Pantón

• No que respecta ás infraestruturas, a institución provincial aportou un total de 161.874,27€ a través do Plan Único de Cooperación cos Concellos para a mellora de diferentes camiños e accesos en varias parroquias e núcleos do municipio. O plan inclúe a mellora da pavimentación en Vilamelle por un importe de preto de 66.800€; o acondicionamento de vías municipais en Eire, Ferreira, Espasantes, Mañente e Pantón por case 43.000€; e a mellora dos accesos a Bazal, a Piuca e Cascaxide, así como diferentes camiños de Tribas e Tuiriz por un importe total que supera os 52.000€.
Así mesmo, o pasado ano 2021 a Deputación acometeu obras importantes en estradas de Pantón cun investimento que superou os 205.000€. En concreto rehabilitou o firme da estrada LU-P-4110, que conecta Arribada, na parroquia de San Fiz de Cangas, a Budián, en San Romao de Acebre, nun tramo de algo máis de 5 quilómetros; o da LU-P-4111, que comunica Santiago de Castillón desde Ferreira de Pantón, nun tramo de máis de 9 quilómetros, desde Santa Mariña de Eiré a Marce; e o firme da LU-P-4114, que une Toldaos con Augas Santas, nun treito de preto de 4 quilómetros.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Ana Pontón avanza unha alternativa do BNG aos orzamentos “insolidarios, insolventes e propagandísticos” do PP

Seguinte Nova

Monforte homenaxea a Don Pedro Fernández de Castro, VII conde de Lemos, no IV centenario da súa morte (1622-2022)

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss