Avanzan a bo ritmo as obras da Ponte de Piñeira

Unha vez rematen os traballos, procederase á apertura para o tráfico de persoas e vehículos, previsiblemente ao longo do mes de novembro. Foto GPCM.

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, vén de informar da marcha dos traballos de construción do novo pilar da ponte de Piñeira, que avanzan segundo o previsto, logo de que se iniciaran os mesmos no mes de setembro tras a conclusión dos pertinentes informes técnicos. Estase a repoñer o pilar nº2 da ponte, logo de que esta estrutura fora pechada ó tráfico e ós peatóns a finais do pasado mes de xuño, tras detectarse unha deficiencia en dito pilar. “Tras seren executados os correspondentes traballos de enxeñería a cargo da empresa Extraco e do director de obra designado polo Concello, traballos necesarios para determinar a situación do pilar da ponte e para darlle unha solución á deficiencia dectectada, levouse a cabo a colocación de micropilotes nunha profundidade de 9 metros, con cimentación para estabilizar o terreo, e nestes momentos estase a proceder á construción do novo pilar, logo da retirada do anterior,coa mesma forma dos pilares existentes”, subliñou o Alcalde. Debido a que as obras foran contratadas por emerxencia, o custe das actuacións estímase segundo os técnicos, en 2242.000 euros ive engadido.
”Unha vez estean rematadas as obras de arranxe da ponte de Piñeira”, concluíu o Alcalde, procederemos ó restablecemento do tráfico de vehículos e de persoas, previsiblemente en novembro, unha vez que estea endurecido o novo pilar”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Asociación Albores promove obradoiros para mulleres coidadoras

Seguinte Nova

Os socialistas tachan os Orzamentos da Xunta para o vindeiro ano 2023 como os presupostos “da monotonía, da mentira e do engano”

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: