Iván Raña no Alto do Boi en Quiroga

Iván Raña, foi o auténtico protagonista do reto solidario 5 + 1 ao alto do Boi, que se desenvolveu en Quiroga ao longa da xornada do pasado sábado. O que foi campión mundial e dobre campión europeo en triatlón, así como campión mundial en acuatlón, non dubidou en aceptar a proposta que lle fixeron desde a Peña Ciclista Valdeorras Bike, organizadores da proba. O que se pretendía con este reto era o de dar visibilidade a devastación que deixaron os incendios na serra do Courel á vez que buscan concienciar para que se leve a cabo canto antes a repoboación da zona afectada.
O reto comezaba ás nove da mañá desde o pavillón polideportivo municipal de Quiroga e desde ahí comezaba un traxecto que chegaba as dez horas, facéndolle fronte as inclemencias climatolóxicas de choiva e vento, para rematar na praza España sobre as seis e media da tarde. Foron en total 144 kms e 4.320 m de desnivel.
Na última subida, na que particapaba Iván Raña, achegouse a felicitar os deportistas, o concelleiro de deportes, Andrés Novoa, xa que o Concello de Quiroga colaborou cos organizadores deste reto solidario 5+1.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Perto de mil participantes na Terceira Edición do Qui-Medo de Quiroga

Seguinte Nova

Mónica Freire presentou a terceira
edición de “O que non arde”

Últimas noticias sobre DEPORTES

Ir aInicio

Don't Miss