Monforte homenaxea a Don Pedro Fernández de Castro, VII conde de Lemos, no IV centenario da súa morte (1622-2022)

A Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte acolleu o Congreso Internacional: VII Conde de Lemos no IV Centenario da súa morte (1622-2022), que organizado pola UNED, e baixo a dirección técnica da Dra. Manuela Sáez González tiña como principal obxectivo poñer en valor a figura de Don Pedro Fernández de Castro, VII conde de Lemos, no IV centenario da súa morte. Foi un personaxe singular e relevante, culto e con inquietudes artísticas, debido a que ademais do seu coñecido labor como mecenas, el mesmo fixo poesía, teatro ou crítica literaria, aínda que a súa obra non alcanzou a calidade e notoriedade dos autores cos que se relacionou como Cervantes, Góngora, Quevedo ou Lope de Vega. En Nápoles mostrouse como o que hoxe chamariamos un bo xestor, pois se atopou nunha praza corrupta, caótica e arruinada, cunha débeda desmesurada, o que lle obrigou a aplicar importantes medidas correctoras e restritivas, limitando os tributos aos napolitanos, para desta forma, ser capaz de reequilibrar as contas en pouco máis dun ano. Pero este traballo administrativo non lle impediu seguir prestando atención ao ámbito cultural, de feito baixo o seu mandato a chamada Academia dos Ociosos, terminou converténdose nunha das institucións de referencia das letras en Europa.
Á súa volta a España, e unha vez que o seu tío o Duque de Lerma perde a súa influencia, o Conde de Lemos decide abandonar a Corte, e pasar os últimos anos da súa vida en Monforte, o que sen dúbida contribuíu á prosperidade da comarca de Lemos. Agora, 400 anos despois do seu falecemento, viranos á memoria a dedicatoria de Cervantes na segunda parte do Quixote, e tamén un certo resaibo de orgullo por un pasado esplendoroso.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Deputación mellora estradas, fomenta o emprego e financia o Servizo de Axuda no Fogar en Pantón

Seguinte Nova

O barrio do Hospital de Monforte estrea Parque público

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: