O barrio do Hospital de Monforte estrea Parque público

• Ubícase na parcela que linda coa finca do Hospital Comarcal, coa rúa Corredoira, coa rúa Codesás e coa Ronda María Emilia Casas Baamonde, nunha extensión de algo máis de 8.500 metros cadrados

O Alcalde acompañado do equipo de goberno do Concello na inauguración do Parque. Foto GPCM.

Agóra chámase o Barrio do Hospital, pero para moitos veciños que creceron na contorna da Corredoira, Ramberde ou os Abeledos, moito antes da construción do Hospital, a parcela que agora ocupa o novo parque era xa un lugar de esparexemento para nenos e novos. Ao lugar no que agora se implanta o novo parque coñecíaselle como o Pinar, precisamente por uns piñeiros situados na parte alta da leira en cuestión, desde a que caía unha ladeira de herba que chegaba ata o lugar no que agora se levanta o Hospital de Monforte, entón improvisado campo de futbol. Agora, xa sen piñeiros, o lugar recupera a sua función, e volve a estar a disposición dos veciños como Parque público. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, O Alcalde foi quen de inauguralo, nun acto no que estivo acompañado pola primeira Tenente de Alcalde, Gloria Prada, o Concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luís Losada, o Concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Tomé, o Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, a Concelleira de Muller e Igualdade, Margarita López e a Concelleira de Consumo, Regina López Arias, así como o presidente da Asociación de Veciños do Barrio do Hospital, Miguel Ángel Pino.
O rexedor monfortino destacou que “hoxe cumpro o meu compromiso coa Asociación de Veciños do Barrio do Hospital e cos monfortinos e monfortinas, de construír neste barrio un novo parque público, nun barrio relativamente novo onde a maioría dos habitantes son xente nova e con nenos pequenos. Dende hoxe, tanto os veciños do barrio coma todos os monfortinos e monfortinas poderán disfrutar das súas instalacións”.
Este novo parque conta cunha extensión de algo máis de 8.500 metros cadrados, que disporá de varias zonas de céspede conmobiliario urbano, cunha zona de xogos infantís, paseos peonís lonxitudinais e transversais, así como alumeado e saneamento propios.
O parque dispón tamén dunha zona de elementos biosaudables de ximnasia para maiores, “coa que buscamos incentivar a práctica da actividade física entre os residentes desta zona da cidade”, sinala o Alcalde.
“O novo parque”, subliñou José Tomé, “tamén contribúe a paliar o déficit de estacionamento na zona do Hospital, pois dende o Concello dotámolo con 64 prazas de aparcamento para automóbiles, motos, bicicletas e prazas para minusválidos”.

600.000 euros de investimento
Cabe recordar que as obras para rematar o novo parque foron adxudicadas á empresa Calfensa Proyectos S.L., por un importe de 590.347,87€, e que esta empresa retomou as actuacións a principios do mes de abril dende o punto en que o deixara a anterior empresa adxudicataria, que non cumplira coa execución de ditas obras no prazo establecido, rescisión que fora ratificada polo Consello Consultivo de Galicia.
En total a inversión do Concello para a construción deste Parque alcanzou os 600.000 euros, dos cales 150.000 euros son aportados pola Deputación de Lugo, sendo o resto do orzamento total aportado polo Concello.
“Para min, como Alcalde, e para o Equipo de Goberno que presido, é unha satisfacción inaugurar hoxe un novo parque público nesta parte da cidade deste novo servizo público, porque para nós a atención ás persoas é un pilar fundamental da nosa acción de Goberno, e creemos que con esta nova infraestrutura urbana contribuímos a mellorar os servizos e a calidade de vida de todos os monfortinos”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Monforte homenaxea a Don Pedro Fernández de Castro, VII conde de Lemos, no IV centenario da súa morte (1622-2022)

Seguinte Nova

O Ucoga C.B. Chantada segue intratable, cinco de cinco logo de derrotar ao Xiria

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss