O Club Lemos da a sorpresa e gaña á SD Sarriana no derby da Pinguela por 2-1

O partido supuxo a volta dos lemistas ao seu campo logo dos traballos de sementado do novo cesped

Foto Montero

De sorprendente pódese cualificar o resultado que se dió no partido de rivalidade entre Club Lemos e SD Sarriá que se disputou a pasada fin de semana, no que era o primeiro encontro que se disputaba na Pinguela, logo dos traballos de sementado do novo cesped, que ademais foron inaugurados nun acto que contou coa presenza das autoridades municipais. Non había moita confianza na sufrida e cada vez máis escasa parroquia lemista, cun equipo en horas baixas, que se asomaba aos postos de descenso, con só unha vitoria e un empate en oito partidos, e que ademais recibía a unha SD Sarriana, que ademais chegaba, a priori, coa bitola de favorito ao ascenso de categoría. E digo a priori, porque sobre o campo, o equipo de Edu non demostrou esa condición, máis ben ao contrario, debido a que a pesar de adiantarse no marcador, non foi capaz de controlar o xogo, e viuse durante boa parte do partido claramente superado polos dirixidos polo tandem Moure-Rodíguez, cun Busi estelar, autor dos dous goles locais, o segundo no minuto 90, co que facía xustiza ao visto sobre o campo. Chega a esperanza aos lemistas e as dúbidas aos sarriáns. Queda aínda moita liga.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Ucoga C.B. Chantada segue intratable, cinco de cinco logo de derrotar ao Xiria

Seguinte Nova

Monforte segue a mellorar as súas rúas, cun investimento de 180.000 Euros

Últimas noticias sobre DEPORTES

Intratábel a SD Sarriana

Magnífica a tempada a da SD Sarriana, que está a cumprir cos prognósticos que os daban como un dos favoritos ao ascenso.
Ir aInicio

Don't Miss