O futuro da Ribeira Sacra a debate no II Foro Think Tank de CEL e Xunta

O salón de actos do Balneario Augas Santas encheuse co II Foro Think Tank “Ribeira Sacra: aposta de futuro”, un encontro de reflexión e traballo organizado pola Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e a Xunta de Galicia no marco da iniciativa Conecta Lugo.
O foro, concibido como ferramenta de coñecemento e debate sobre as potencialidades económicas da zona sur da provincia, así como punto de xeración de ideas de futuro para a Ribeira Sacra, congregou a máis de setenta participantes e dividiuse en tres mesas de traballo, nas que se debateu sobre “O potencial do sector agroalimentario”, “Excelencia e sustentabilidade como camiño do turismo” ou “O viño como porta ao mundo”. O secretario da CEL, Jaime López, destacou na apertura do encontro que ademais se buscaba “achegar as axudas da Xunta ás empresas da provincia” e que na base do mesmo se atopaba “a idea de apostar pola zona rural e que se vexa o valor que ten a provincia de Lugo”. Na primeira mesa de traballo co nome “Excelencia e sustentabilidade como camiño no turismo”, participaron Nava Castro, directora da Axencia Galega de Turismo de Galicia; Luisa Rainer, xerente de O Canto da Terra; Beatriz Pérez, socia fundadora de Máis que Románico; Alexandra Seara de Consorcio de Turismo de Ribeira Sacra; Diego Rodríguez de Praia da Cova e Martín Alemparte de GDR Ribeira Sacra – Courel. Os relatores desta mesa coincidiron en destacar a necesidade de elevar o estándar da oferta e do turista para mellorar a excelencia e a sustentabilidade é un dos obxectivos da Ribeira Sacra. A segunda mesa co título de “O potencial do sector agroalimentario”, contou coa participación de Hugo Criado, CEO de Medrar Smart Solutions; Xosé Lois Llamazares, coordinador xeral de Galletas Daveiga; Rocío Freire, directora de Calidade, Produción e I+D de Alibós Galicia; Ana Vázquez, responsable de Arias Moniz; José Luís Cabarcos, director xeral de Agacal e Elena Polo Prieto, técnico de innovación de Axencia Galega de Innovación. Elena Polo quixo destacar a idea de que calquera empresa pode innovar e que hai distintos programas de axudas da Xunta para apoiar estes procesos. “O viño como porta ao mundo” foi a última mesa de traballo deste II Foro Think Tank. Participaron o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde; o director de Competitividade do Igape, Norberto Penedo Rei; Juan Luís Méndez Vermello, CEO de Vinigalicia; Ivan Prado, xerente da man de Prado; Rubén Moure, CEO de Leira Cuarta e Juan Manuel Rodríguez, presidente do CDRO Ribeira Sacra.
Na mesa fíxose fincapé na relevancia do sector do viño como motor da Ribeira Sacra, aínda que se resaltou o papel do turismo na evolución positiva deste sector na zona e na necesidade de apoio mutuo para seguir medrando

FRANCISCO CONDE NA CLAUSURA DO FORO
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, salientou que a dixitalización, a eficiencia enerxética e a internacionalización son tres dos obxectivos estratéxicos recollidos na axenda de Galicia a través dos Orzamentos de 2023. Na súa intervención, sinalou que este encontro permite poñer en valor a excelencia do sector agroalimentario da zona; dos seus viños; e da aposta que se está a facer polo turismo sustentable; poñendo así en valor “que a Ribeira Sacra é Galicia Calidade”.No acto, Conde incidiu en que a saída aos mercados exteriores é un dos grandes retos que afronta o tecido empresarial, sumado á transformación dixital e a transición enerxética. Iso fai, segundo explicou, que a cultura da eficiencia e a sustentabilidade teñan que estar hoxe en día na axenda de calquera empresa para poder facer fronte ao impacto que o prezo eléctrico ten sobre os custos de produción. Por iso, nos orzamentos para 2023 duplícanse os orzamentos para axudar ás familias e ás empresas a rebaixar a factura eléctrica (pasan de 40 a 75 millóns de euros). Dentro desta partida, destínanse 17 millóns de euros a incentivar o autoconsumo e as comunidades enerxéticas empresariais e 20 millóns de euros a impulsar a presenza da Marca Galicia e das empresas galegas nos mercados internacionais.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Mónica Freire presentou a terceira
edición de “O que non arde”

Seguinte Nova

Rueda amosa o compromiso da Xunta coa saúde mental

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss