O Ucoga C.B. Chantada segue intratable, cinco de cinco logo de derrotar ao Xiria

O Ucoga Seguros C.B. Chantada arrincou a tempada da mellor forma posible, e leva un pleno de cinco vitorias nos nos cinco partidos disputados ata o momento. E ademais fíxoo con vitorias solventes e contundentes, ante Construcciónes Rivera – E. D. M. A Estrada por 49-85, ante Santo Domingo de Betanzos por 75-61 e ante Solgaleo Bosco Salesianos por 87-59 e un pouco máis axustadas ante Ávila e Xiria de Carballo.
Estes resultados logrados polo equipo que prepara Alberto Fafián, unidos á recente obtención da Copa Galicia, demostran o bo estado de forma dun equipo que está a ser capaz de combinar á perfección a experiencia de xogadores como Cristian Iglesias ou Carlos Noguerol, con xogadores moi novos pero de enorme potencial como Anxo Iglesias, Hugo Rey ou os juniors Ruano ou Marcos Bellas, todos eles ben acompañados polas novas incorporacións do Stefanuto e Alioune Senghor.
É certo que a tempada non fixo máis que comezar, e os chantadinos aínda non se enfrontaron aos equipos que presumiblemente parecen chamados a pelexar polas prazas que darán dereito a loitar polo ascenso de categoría, como poden ser Mundioma Marín Ence Peixe Galego, Cultural e Deportiva Leonesa, Obradoiro Ames ou PBB Godoy Maceira, pero polo momento respírase no equipo e entre os afeccionados ambiente de gran tempada. Con todo, haberá que ir partido a partido, e a primeira proba de fogo será este sábado ás 20 horas a domicilio ante o Círculo Xixón Baloncesto . Que siga o refacho.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O barrio do Hospital de Monforte estrea Parque público

Seguinte Nova

O Club Lemos da a sorpresa e gaña á SD Sarriana no derby da Pinguela por 2-1

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: