O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, foi o encargado da entrega da licenza de uso do selo de calidade Artesanía Alimentaria e da carta de artesá á responsable da empresa Torta de Sarria. Así, segundo destacou o director, elévase a 35 o número de firmas adheridas e a arredor de 60 o de artesáns involucrados. O director destacou que os produtos desta empresa de Sarria poderán diferenciarse agora no mercado con este distintivo que garantirá que a súa obtención se rexe pola norma técnica pertinente, que recolle unha serie de requisitos relativos ás materias primas ou aos procesos de elaboración autorizados, ao seu modo de presentación ou a como deben ser a rastrexabilidade e o control. Cabe apuntar que a empresa se creou en 2015 coa idea de ofrecer repostería caseira e saudable, con ingredientes de primeira calidade, sen aditivos e utilizando materia prima dos produtores da zona sempre que é posible.
Este recoñecemento que entrega a entidade Slow Food Compostela dá conta de que preto do 60% dos alimentos empregados nos comedores proveñen de produtores da propia comarca, son frescos e -en gran medida- amparados polas indicacións xeográficas protexidas (IXP), denominacións de orixe protexidas (DOP) e polo selo de Agricultura Ecolóxica.
Para acadar esta distinción, a empresa levou a cabo co persoal dos comedores unha formación específica sobre a xestión de residuos, a eficiencia enerxética e o abastecemento, facendo fincapé na correcta identificación dos alimentos certificados, ben sexan de pesca sustentable, de razas autóctonas ou alimentos con certificados de calidade. Seguidamente, buscáronse provedores da contorna que puidesen facilitar produtos adecuados ás necesidades de cada un dos comedores e garantir o abastecemento dos alimentos durante toda a tempada.•
Últimas noticias sobre ECONOMÍA
O Concello de Monforte, informou da adxudicación da obra de construción do novo aparcadoiro no Polígono
Wedway, operador ferroviario do grupo MSC, comeza a operar, xerando emprego para cinco operarios locais A
A industria pesqueira galega expándese con éxito en feiras internacionais As empresas galegas do sector pesqueiro
A apertura do polo de Sarria responde a uns dos compromisos adquiridos polo presidente da Xunta,
Grazas ás campañas de promoción e a participación en feiras internacionais, os produtos pesqueiros galegos baten