A tecnoloxía 5G chega a sur de Lugo

Dende o Concello de Monforte informa que os operadores de telefonía móbil anunciaron que durante as próximas semanas levarán a cabo en Monforte e comarca o proceso de implantación dos servizos de telefonía móbil de nova xeración, 4G e 5G, nas bandas de 800 e 700 MHz, respectivamente, que permitirá ós habitantes de Monforte disfrutar de conexións móbiles de alta velocidade con mellor cobertura no interior dos edificios e cunha maior área xeográfica. Para garantir a compatibilidade da nova tecnoloxía coa televisión dixital terrestre (TDT), «Llega700» é a entidade constituída polos operadores para solucionar calquera afectación na recepción do sinal de televisión.

Que é o 5g, para que serve e como funciona?
Esta quinta xeración de rede móbil é en realidade unha versión mellorada e aumentada da anterior xeración, o 4G. Empresas e particulares poden beneficiarse da súa eficiencia, xa que multiplica por mil a capacidade que as infraestruturas podían ofrecer en 2010. Ademais, a súa velocidade alcanza os 10Gbs, e reduce os tempos de latencia (os retardos temporais de transmisión na rede), dos 200 milisegundos que ofrece o 4G ao milisegundo da seguinte xeración, o cal ofrece unha percepción de cero latencia. Esta tecnoloxía permite dar soporte á cada vez maior cantidade de dispositivos conectados á vez utilizando frecuencias de 700 MHz e 3,5 Ghz, e apoiándose nas redes de LTE (Long Term Evolution, é dicir, Evolución a longo prazo), unha tecnoloxía de conectividade inalámbrica que ofrece tamén alta velocidade e estabilidade.
O feito de que pasamos de conectarnos con outras persoas para conectarnos con todo o que está ao noso ao redor, sen importar o onde nin o cando, pode resumir que é o 5G e para que serve.
Para xestionar estes servizos púxose a disposición dos cidadáns un servizo telefónico gratuíto (900 833 999) e unha páxina web www.llega700.es. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Ana Pontón reclamou en Monforte solucións para o deterioro que vive a sanidade pública no sur de Lugo

Seguinte Nova

Inaugurada a Zona C, logo da urbanización dos terreos entre Rof Codina e o barrio de Cobas

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: