As reclamacións a Movistar dos veciños de Quiroga dan os seus froitos

Concentración na sede do concello de Quiroga polos cortes de servizo de Movistar. Fotos GPCQ..

Alá polo pasado mes de Xuño os veciños usuarios da operadora de telefonía móbil Movistar viron colmada a súa capacidade de paciencia, como consecuencia da interrupción dos servizos de telefonía durante máis de 24 horas, unha incidencia que se unía aos numerosos problemas e cortes que de forma regular viña padecendo desde setembro de 2021. Estes problemas cunha subministración fundamental nos nosos días, non soamente prexudicou a numeroso particulares, senón que entorpecía gravemente a correcta prestación de servizos públicos básicos non só do Concello, senón tamén de entidades financeiras, servizos de urxencias, farmacias e empresas da comarca. Foi entón cando o alcalde de Quiroga Julio Álvarez, decidiu tomar medidas neste asunto, e instou a todos os afectados a interpoñer unha denuncia conxunta contra Movistar #ante a Oficina de Atención ao Usuario de Telecomunicacións, financiando integramente o concello os custos dos avogados contratados para o efecto, estimados entón en 1.900 euros.
Naquelas datas, a situación alcanzou tal nivel de indignación nos numerosos usuarios afectados, que mesmo houbo concentracións #ante a sede do concello para reclamar o que consideraban un auténtico abuso por parte da operadora de telefonía e internet.
Afortunadamente, durante este mes de novembro, cinco meses despois, algúns dos veciños afectados que interpuxeron a citada demanda, están a recibir unha notificación oficial respecto diso, vía correo postal, de Movistar, nas que se lles recoñece unha compensación económica como consecuencia da inxustificada interrupción dos seus servizos, asumindo a súa responsabilidade polos prexuízos ocasionados. Máis vale tarde que nunca. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Sarria e O Escorial, irmandadas polo chocolate

Seguinte Nova

A cadea monte-industria galega facturou en 2021 máis de 2.500 millóns de euros, a mellor cifra desde que hai rexistros

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: