Convocadas as axudas para fomentar a creación de empresas do Concello de Monforte

Un ano máis e xa van seis, o Concello de Mónforte vén de convocar o Programa de axudas municipais á creación de empresas do Concello de Monforte de Lemos, «coa finalidade de colaborar dunha forma activa na xeración de emprego no noso municipio, apoiando e fomentando a posta en marcha de novos proxectos e iniciativas empresariais”, según sinala o seu Alcalde José Tomé Roca. O Alcalde destaca que este Programa de axudas municipais “contribúe a fixar poboación en Monforte, propiciando un crecemento e desenvolvemento sostibles, promovendo a creación de emprego estable e de calidade a nivel local e facilitando a empregabilidade das persoas en situación de desemprego”.
Esta convocatoria enmárcase no programa “Promoción do emprego, ano 2022” do Equipo de Goberno do Concello, que ten como obxectivo principal contribuír a fixar poboación en Monforte e propiciar un crecemento e desenvolvemento sostibles, promovendo a creación de emprego estable e de calidade a nivel local e facilitando a incorporación das persoas en situación de desemprego ó mercado laboral. O prazo para solicitar as subvencións estará aberto ata o 30 de novembro. As solicitudes poderán presentarse, mediante modelo normalizado, no Rexistro Xeral do Concello, na Sede Electrónica municipal ou por calquera outro medio previsto pola Lei de PACAP, e dirixiranse á Concellería de Facenda, Réxime Interior, Servizos Sociais e Discapacidade.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

#OlympeEmprende, un programa para fomentar o emprendemento cooperativo liderado por mulleres

Seguinte Nova

Concerto de Solistas en Chantada

Últimas noticias sobre AXUDAS

Ir aInicio

Don't Miss