Festival da Selección, 7-0 a Costa Rica no seu debut no Mundial de Qatar

Custou que o fútbol acaparase realmente a atención neste atípico Mundial de Qatar que se está disputando en novembro, e é que o foco estaba posto sobre aspectos que excedían do mero ámbito deportivo, dadas as especiais características do país organizador, o estado máis rico do mundo sometido á autoridade do seu Emir, con amplos antecedentes de violación dos dereitos humanos. Un país no que se persegue aos homosexuais, as mulleres viven sometidas, non existe liberdade de prensa ou opinión e para os traballos máis duros impórtase man de obra inmigrante sometida a unhas condicións que rozan a explotación propia de tempos pretéritos. A modo de exemplo, para a construción dos estadios nos que se está a xogar o Mundial, máis de 6.500 traballadores faleceron polas duras condicións e a falta das máis mínimas medidas de prevención e seguridade no traballo. Como vemos, motivos máis que suficientes para cuestionar a decisión da FIFA de outorgar a organización do Mundial 2022 a Qatar. Pero poderoso cabaleiro é Don Diñeiro. E con estes antecedentes a atención estaba dispersa. Pero, como en tantas outras ocasións, bastou que o balón se puxese en xogo e a maxia do fútbol fixo o resto, o ruído de fondo disolveuse como un sobre de azucre en auga, en canto Arabia deu a primeira sorpresa impoñéndose a Arxentina e os xaponeses deron a badalada remontando ante a poderosa Alemaña. E por suposto, a selección española do discutido Luís Enrique, encandeounos co seu xogo no seu debut ante Costa Rica á que derrotou por 7-0, e na que Dani Olmo logrou o gol número 100 de España nunha cita mundialista. Agora xa só fálase de futbol, sóñase fútbol. Esa é a grandeza deste deporte que está por encima dos seus dirixentes. España, por certo, despois do seu espectacular comezo terá a súa primeira final contra Alemaña esta fin de semana. Se gana, pasará á seguinte fase. Se perde tocará sufrir ante Xapón. Viva o fútbol.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Club Lemos en postos de descenso

Seguinte Nova

25N DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: