Inaugurada a Zona C, logo da urbanización dos terreos entre Rof Codina e o barrio de Cobas

• Esta intervención constitúe un auténtico fito nunha cidade que historicamente foi urbanisticamente por detrás dos seus requirimentos de planificación

Acto inaugural polo remate das obras da urbanización da Zona C de Monforte, coa presenza do seu Alcalde José Tomé Roca e outros membros da corporación municipal . Foto GPCM.

O traballo de urbanización realizado na chamada Zona C, que supón dar saída á rúa Rof Codina, cara ao barrio de Cobas, promovido polo concello de Monforte, constitúe un auténtico fito. Nunha cidade que historicamente foi urbanisticamente por detrás dos seus requirimentos de planificación, e na que o normal viña sendo ir asfaltando as rúas ao longo de estradas ou camiños nos que se ían construíndo casas e edificios sen maior criterio, todo iso independentemente da cor política dos respectivos gobernantes da mesma, hai que felicitarse polo feito de romper esta dinámica, e máis aló, de estar ou non de acordo coa oportunidade ou non desta intervención, ou da consideración de como e cara a onde debe crecer a cidade de Monforte, que loxicamente pode ser obxecto de discusión, non se pode negar o valor do realizado.
Materializouse un proxecto urbanístico baseado na existencia dunha previsión, unha idea. E iso, non debera ser excepcional, é absolutamente recomendable e necesario. E foi o propio Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, quen inaugurou, a Zona C, nun acto no que estivo acompañado pola primeira Tenente de Alcalde, Gloria Prada, o Concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luís Losada, o Concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Tomé, o Voceiro Ibán Torres, a Concelleira de Cultura, Marina Doutón, o Concelleiro de Tecnoloxía e Innovación, Guillermo Díaz, a Concelleira de Consumo, Regina López Arias, así como numerosos veciños desta zona da cidade.
O rexedor monfortino destacou que “coa apertura desta nova zona urbanizada da cidade vimos de cambiar a fisionomía de Monforte. Puxemos valor unha zona que estaba abandonada e que dende o punto de vista da mellora urbana, supón un salto cualitativo moi importante, porque con proxectos coma este, Monforte, sigue avanzando”. “Para nós, para o Equipo de Goberno, é un día de moita satisfacción porque vemos culminado un proxecto que habíamos comprometido cando nos presentamos as eleccións no pasado mandato, e no que prometéramos desenvolver bolsas de suelo como a que hoxe inauguramos, dotándoa con espazos de lecer e de espazos urbanizables que beneficiarán o sector da construción e mellorarán esta zona da cidade”.
“As obras levadas a cabo na Zona C supuxeron a eliminación dunha balsa de maleza que existía dende o final da rúa Rof Codina ata a rúa Cobas e na rúa Fontecha, logo do cal abrimos novos viais, creamos novas parcelas para edificar e unha nova zona verde axardinada arredor da Gardería Municipal” destacou o rexedor municipal. “Con estas obras melloramos a trama urbana e poñemos en valor unha zona da cidade moi preto do monumento da Nosa Señora da Antiga, que sen dúbida vaille dar unha maior calidade urbana a esa parte de Monforte”.
Este proxecto contou cun orzamento de 918.165,09 euros e recibiu unha axuda de 300.000 euros aportados pola Deputación de Lugo, sendo o resto do orzamento total aportado polo Concello monfortino.

EDIFICACIÓNS DE BAIXO E TRES ALTURAS
A superficie resultante, unha vez urbanizados os terreos correspondentes á Zona C, supón 6.323 m2 para rúas novas, para espazos libres e axardinados, 8.982 m2 e pa para solares edificables, 5.785 m2. O aproveitamento urbanístico destes 5.785 metros cadrados urbanizables é de 22.230 metros cadrados edificables, dos cales 4.744 metros cadrados serían baixos e 17.486 metros cadrados serán para vivendas. As edificacións serán de baixo máis tres alturas, na marxe dereita con fachada e traseira e na marxe esquerda deberán ser doble fachada, por contar con paseos peonís entre os edificios e a zona axardinada.
Tamén se levou a cabo o asfaltado tanto da rúa Rof Codina como da súa ampliación. Neste senso, o Alcalde recordou que “a actuación na rúa Rof Codina, serve para desfacer un tapón nesta rúa e para completar o proxecto da Zona C, e por elo levouse a cabo a súa mellora dende a Avenida de Galicia ata a nova zona urbanizada, o cal supón tamén a súa ampliación, dende a Avenida de Galicia ata a rúa Cobas, dándolle saída ó tráfico”. Logo da inauguración da Zona C, na que José Tomé descubriu un monolito conmemorativo, no que se da nome á nova zona verde como “Parque da Gardería Municipal”.
O Alcalde concluíu destacando que “a urbanización da Zona C é un proxecto pioneiro en Monforte e para moitos outros concellos de Galicia, porque a través del vimos de mellorar urbanisticamente unha zona sensible para a nosa cidade como é a contorna do río, a proximidade do conxunto monumental de Nosa Señora da Antiga, máis coñecida como Escolapios, e o Barrio de Cobas”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A tecnoloxía 5G chega a sur de Lugo

Seguinte Nova

Segue invicto o equipo cadete do Val de Lemos

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss