O portavoz do Grupo Municipal Popular de Ribas de Sil, Isaac Lamas, anunciou nunha reunión con afiliados da agrupación local a súa intención de non repetir como candidato nas vindeiras eleccións municipais de maio do 2023.
Lamas é concelleiro dende o ano 2011 e continuará ata o remate deste mandato como voceiro do Grupo Municipal Popular “exercendo o meu labor como concelleiro e atendendo ás responsabilidades como representante dos veciños na corporación municipal”. Nese sentido, traslada o seu agradecemento aos veciños polo seu apoio e ao Partido Popular da provincia “pola confianza que depositaron en min durante 11 anos. É momento de renovación”. •