Lácteos Ribeira Sacra lévase o VIII Concurso de Proxectos Empresariais Semente

4 foron os proxectos que se presentaron ao Concurso de Proxectos Empresariais Ribeira Sacra que este ano alcanzaba a VIII edición. Deles novo foron os finalistas que se presentaban ao acto organizado pola Asociación Semente no Parador de Monforte para presentar as súas propostas. Finalmente a gañadora foi a denominada Lácteos Ribeira Sacra, un proxecto para transformar o leite que produce Paluán SC, unha gandería monfortina, socios da Cooperativa Lemos. O proxecto en cuestión propón a elaboración dun queixo con viño da Ribeira Sacra, e foi defendido por Lucía López, nova estudante de veterinaria, filla dos promotores de Paluán SC. Recibiu un premio de 10.000 €. O segundo premio, dotado con 5.000€ levouno o proxecto A Maruxiña, que presentou unha idea para unha granxa ecolóxica de galiñas. E o terceiro foi para Beniu Soluciones, que se levou 3.000 €.

FRANCISCO CONDE, VICEPRESIDENTE DA XUNTA
O acto contou coa presenza do vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, quen destacou na rolda de prensa da oitava edición dos premios Semente Ribeira Sacra a contribución desta iniciativa ao desenvolvemento económico e social de Monforte de Lemos e de toda a contorna. Así, Conde agradeceu o traballo da asociación Semente Monforte, e subliñou que apoiar o emprendemento é tamén investir en benestar, contribuíndo á creación de emprego de calidade e á fixación de poboación no rural.
Neste eido, o vicepresidente económico, que participou na entrega de premios, sinalou que os emprendedores galegos contan con diferentes apoios no eido do financiamento e do asesoramento e lembrou iniciativas como o coworking da Ribeira Sacra. Este ten permitido nas súas seis primeiras edicións apoiar máis de 100 proxectos, contribuíndo á creación de preto de 40 empresas e de máis de 70 postos de traballo.
Sinalour ademais que para reforzar un ecosistema que conxugue iniciativa empresarial e innovación configurándose, así, como un motor de reforzo da modernización e diversificación da economía de Galicia, a Xunta de Galicia ten en marcha a nova Axenda Startups. Con esta folla de ruta, á que se destinan 15 millóns de euros, búscase contribuír á creación de 100 novas empresas e a acelerar 200 nos próximos dous anos, prevéndose a xeración de 600 postos de traballo vencellados ás novas compañías. •

EspertaMonforte critica a non participación do Concello de Monforte nos Premios Semente Ribeira Sacra

O concelleiro Jaime Germán Vázquez, voceiro do grupo municipal de EspertaMonforte, logo de asistir á entrega dos premios Semente Ribeira Sacra, manifestou a súa intención de levar ao próximo pleno do concello que terá lugar o vindeiro luns día 28 un rogo, amosando a súa incomprensión pola postura do equipo de goberno da non participación do Concello de Monforte nos mesmos, e califican de inadmibie dita ausencia entre os concellos colaboradores. O voceiro de EspertaMonforte, critica, por contra, a colaboración económica do concello de Monforte en programas como «EL CAMINO CREATIVO», promovido pola asociación España Creativa, ironizando coas escasas raices e froitos que reporta a Monforte de Lemos. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A mostra ‘Fuxan os Ventos. 50 anos de historia’ ben paga unha visita a Lugo

Seguinte Nova

Música de raíz para os nenos do Courel e da Ribeira Sacra da man de Xavier Blanco

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss