O alcalde, Carlos Armesto Quiroga, repite na dirección do PP de O Saviñao

O alcalde, Carlos Armesto Quiroga, repite na presidencia do PP de O Saviñao como resultapolo Partido Popular cunha candidatura única e “con máis mulleres e xente nova”. Ao congreso asistiron, entre outros membros da dirección provincial, o coordinador xeral e portavoz, José Manuel Balseiro, e o secretario xeral, Javier Vázquez Nodal.
Desde a dirección provincial do Partido Popular, amosaron o seu agradecemento polo compromiso da agrupación local e a implicación por impulsar o municipio e aos seus veciños. Ademais destacan a solidez do equipo de traballo e o bo resultado nas últimas eleccións municipais grazas a un proxecto firme e consistente.

JOAQUÍN GONZÁLEZ GONZÁLEZ, PRESIDENTE DE HONRA
O equipo de traballo co que contará o PP de O Saviñao contará con Joaquín González González, que foi alcalde durante 28 anos no municipio e “agora ratificamos o seu posto” como presidente de honra. Armesto explica que “intentamos que na xunta directiva teña un maior peso as mulleres” e por iso a secretaría xeralquedará en mans da concelleira e segunda teniente de alcalde, Beatriz Rois Castro. Pola súa parte “a secretaría xeral da muller recae na concelleira de rural Maika”, asumindo un protagonismo especial. A nova directiva conta con 14 vogais.
“Intentamos que tivera cabida tamén a xente que realmente ten unha implicación co Concello e por iso vai a haber representación dos pedáneos das parroquias. Van a estar os concelleiros do partido que tiveron unha magnífica implicación durante a lexislatura” di o presidente do PP de O Saviñao.
MÁIS PRESENZA DE MULLERES E XENTE NOVA
“Vamos a ter oito mulleres na directiva e xuventude. O equipo de traballo está composto de xente sobradamente cualificada, captamos talento con currículums excelentes” apunta Carlos Armesto. O obxectivo do grupo é seguir esforzándose polos veciños e traballar por aumentar o apoio de todo o municipio nas próximas eleccións municipais.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O BNG homenaxea aos seus militantes históricos do sur de Lugo dentro dos actos do 40 aniversario da súa fundación

Seguinte Nova

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, foi o encargado de asinar a posta en marcha do proxecto da “Red de Cruceros Costeros y Fluviales”

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss