O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, foi o encargado de asinar a posta en marcha do proxecto da “Red de Cruceros Costeros y Fluviales”

O alcalde de Bóveda e presidente do GDR Ribeira Sacra – Courel, José Manuel Arias. Fotos GPCB.

O alcalde de Bóveda e presidente do GDR Ribeira Sacra – Courel, José Manuel Arias, foi o encargado de asinar o pasado venres o protocolo para a posta en marcha do proxecto da “Red de Cruceros Costeros y Fluviales (Red CCF)”.
Trátase dun proxecto financiado con fondos Next Generation do programa Experiencias Turismo de España 2021 formado por 16 socios de 11 Comunidades Autónomas, co que o GDR contribuirá a potenciar o produto turístico fluvial nos ríos Sil e Miño.
No acto da firma, celebrado na adega Regina Viarum, estiveron presentes todos os socios acompañados por Luis Fernández Guitián, presidente Consorcio Turismo Ribeira Sacra, Nava Castro, directora xeral Turismo de Galicia e José Manuel Miñones Conde, delegado do Goberno da Comunidade Autónoma de Galicia..•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O alcalde, Carlos Armesto Quiroga, repite na dirección do PP de O Saviñao

Seguinte Nova

Xunta e Concello de Sober porán en valor o espazo público que leva á Igrexa de San Xiao de Lobios

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: