Os alcaldes do Escorial e Sarria, certificaron esta semana en Sarria cun emotivo encontro o irmandamento de ambas vilas e acordaron de forma solemne en nome dos seus habitantes, establecer e potenciar lazos permanentes entre os dous concellos, e buscar obxectivos comúns nos que poder traballar conxuntamente promovendo iniciativas de tipo cultural, social, turísticas ou económicas.
Nos actos de irmandamento, tamén participaron Xaime López Arias (Arlindo) e Gregorio Sánchez Meco, cronista oficial do Escorial, quen falou da chegada de Matías López ao seu municipio, e a súa repercusión na vida social e económica da vila madrileña. Pois é a figura de Matías López o punto de unión de estes dous concellos separados por perto de 470 quilómetros. Este ilustre sarrián,comprou unha fábrica de chocolate en 1874 no Escorial, que logo das necesarias melloras, chegaron a saír máis de 13.500 quilogramos de chocolate ao día, abastecendo a máis de 1.000 establecementos, e chegou a empregar a máis de 500 persoas, revitalizando unha vila que ata a chegada de Matías López levaba anos perdendo poboación. Foron os anos nos que O Escorial cheiraba a chocolate. Esta semana, case 150 anos despois, as comitivas participantes neste irmandamento compartiron na Praza de Abastos unha chocolatada, con boliños da panadería pallares e torta de Sarria e Ousá.•
Últimas noticias sobre INICIATIVAS
O Concello de Chantada colabora co Proxecto Nós, unha iniciativa que busca integrar a lingua galega
O luns 7 de outubro de 2024, celebrouse no Centro Cívico-Social de Monforte o sorteo público
O pasado martes, 8 de outubro, o Concello de Monforte participou na campaña Unidos pola Dislexia,
A Xunta celebrará na Ribeira Sacra un congreso internacional para impulsar a súa candidatura a Patrimonio
A Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais e Autónomos de Sarria (ACES)-CCU lanzou, coa colaboración da Xunta