Xunta e Concello de Sober porán en valor o espazo público que leva á Igrexa de San Xiao de Lobios

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, asinou un convenio de colaboración co alcalde de Sober, Luis Fernández.

A Xunta e o Concello de Sober colaborarán para levar a cabo as obras de urbanización para a mellora e posta en valor do espazo público que conecta coa igrexa parroquial de San Xiao de Lobios, localizada no núcleo do mesmo nome.
Cun investimento previsto de algo máis de 172.000 euros, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o rexedor municipal, Luis Fernández, asinaron esta tarde o convenio de colaboración en virtude do cal o Goberno galego achegará o 70% do orzamento e a Administración local o 30% restante.
Os traballos terán tres zonas de actuación diferenciadas e abranguerán un ámbito de 1.762 metros cadrados localizado nos lugares de Lobios e Cima da Lama, divididos por unha estrada provincial na que se apoia o antigo campo da festa, un cruceiro e a capela da Raíña do Campo.
En concreto, o proxecto prevé urbanizar e renovar o espazo público que leva á igrexa de San Xiao mediante a recuperación do campo da festa, a creación de catro prazas de aparcamento, a instalación de mobiliario urbano e a habilitación dun paso de peóns sobre a estrada para conectalo coa capela. Ademais, na porta do adro da igrexa está previsto crear unha praza cun banco e iluminación.
Tamén se intervirá na contorna do cruceiro, onde se prevé introducir unha nova pavimentación, instalar unha luminaria e un banco, e no emprazamento dos contedores de lixo para introducir un elemento de madeira que diminúa o impacto visual.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, foi o encargado de asinar a posta en marcha do proxecto da “Red de Cruceros Costeros y Fluviales”

Seguinte Nova

A Pobra do Brollón destitúe a Franco como “alcalde honorario perpetuo”

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: