A Casa da Cultura de Monforte amosa o Belén do artista J. Antonio Dávila

Foto Montero

A Concelleira de Cultura, Marina Doutón, acompañada polo Concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luís Losada, inaugurou o Belén do Concello de Monforte deste Nadal, que foi elaborado polo artista J. Antonio Dávila, quen estivo tamén presente en dito acto.
O Belén, que está instalado na Sala de Exposicións da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte, poderase visitar ata o ó 8 de xaneiro de 2023.
Trátase dun Belén con figuras de diferentes tamaños e no que se narran diferentes escenas e aparecen diferentes personaxes relacionadas co Nacemento do neno Xesús: a Anunciación, pedindo pousada en Belén, o propio Nacemento, a visita dos Reis Magos a cabalo e dos pastores, o empadroamento, a fuxida a Exipto, comerciantes, soldados romanos, etc. Tamén conta con toda clase de edificacións tales como o castelo de Herodes, a pousada, o forno, a ferrería, ou o propio Portal do Nacemento.
A montaxe ideada por J. Antonio Dávila ten efectos lumínicos que simulan o día e a noite, así coma fontes e unha fervenza de auga.que se inclúe dentro do Programa de Nadal de Monforte.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A campaña «Galicia sabe aMAR» promocionará os produtos do mar da comunidade por máis de 5.000 quilómetros dos Camiños de Santiago

Seguinte Nova

Monforte acollerá a sede dun Centro de Competencias Dixitais e de Ciberseguridade de RENFE

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss