Julio Álvarez non será candidato á alcaldía de Quiroga nas vindeiras eleccións municipais

Julio Álvarez, unha das figuras históricas máis destacadas da política local no sur de Lugo, decidiu dar un paso atrás, e non presentarse como candidato do PP ás próximas eleccións municipais. E faio logo de estar á fronte da alcaldía de Quiroga durante 36 anos consecutivos, conseguindo 9 maiorías absolutas con porcentaxes entre o 70 e o 82% dos votos. Motivos persoais (a súa xubilación laboral) e unha actividade no mundo empresarial axudaron a tomar esta decisión na que pesou sobre todo a idea de que tras moitos anos “é o momento de dar un paso ao lado para deixar que xente nova e con ideas frescas asuma o temón da vida municipal de Quiroga”.
Julio Álvarez, que é alcalde de municipios de menos de 3.000 habitantes de toda España que máis anos se mantivo no seu cargo, é tamén o presidente do Partido Popular a nivel local, actualmente forma parte da executiva do Partido Popular de Galicia e da executiva provincial. Forma parte tamén da directiva da FEGAMP e representa aos municipios con menos de 5.000 habitantes na Comisión Galega de Seguridade, na Comisión de Urbanismo de Galicia, no Consello Escolar Galego e na Comisión de Turismo de Galicia. Pero ademais da súa incombustible presenza na política local de Quiroga, Julio Álvarez tivo tamén tamén unha presenza destacada a nivel provincial e galego, foi Vicepresidente da Deputación Provincial de Lugo durante 8 anos (baixo o mandato de Francisco Cacharro), Deputado durante 16 anos, Secretario de Política Municipal de Galicia, portavoz e vicepresidente de Desarrollo Local na FEMP durante 11 anos e presidente fundador da actual FEGAMP. Pero sin dúbida, foi a vila de Quiroga a que centrou a súa atención e dedicación, coa idea de convertila nunha “pequena cidade”, e dotala de todos os servizos que esta ofrece aos seus veciños, sen esquecer os 121 núcleos de poboación cos que conta o municipio. Moitas foron as intervencións que se fixeron na vila de Quiroga durante o seu mandato: construíronse catro parques infantís, un novo cuartel da Garda Civil, máis de 40 vivendas de protección oficial, o Centro Social da Terceira Idade e o Centro Social da Ribeira, a Casa da Cultura, o Auditorio Municipal, o Museo Xeolóxico, o Museo Etnográfico e o pavillón polideportivo; e rehabilitouse a antiga Escola Fogar para convertela nun albergue con 115 camas. Remodelouse e ampliouse a Casa Consistorial, o Campo de Fútbol, púxose en funcionamento o Centro de Saúde e xestionouse a posta en marcha do PAC para atender as urxencias de toda a comarca. Dotouse ao municipio dunha Radio e Televisión propia (o único concello de Galicia), dunha Residencia da Terceira Idade, dun Centro de Día e púxose en marcha un centro de Atención Temperá e Post- Temperá. Construíuse a praza de España con aparcamentos subterráneos, tres céntricas rúas, aparcamentos ao aire libre (incluíndo un para autocaravanas) e remodeláronse dúas veces as piscinas municipais. Rehabilitouse a praza Maior, o casco antigo da vila e a antiga cárcere comarcal. Construíuse o complexo turístico de Augas Mestas e o matadoiro comarcal e púxose en marcha o Polígono Industrial. Impulsouse a Feira do Viño dándolle un perfil máis actual converténdose nun evento dos máis importantes de Galicia. Púxose en valor o aceite, recuperándose o seu cultivo e a súa tradición, e conseguiuse que a Mostra do Aceite sexa recoñecida como Festa de Interese Turístico de Galicia.
Julio Alvarez declarou que aínda que non se presente ás próximas eleccións “seguirei asumindo as miñas responsabilidades políticas e administrativas ata que haxa un novo equipo de goberno”. Para rematar “agradecendo profundamente a todos os veciños de Quiroga e ás distintas directivas do Partido Popular Provincial e de Galicia, a confianza que depositaron en min durante estes 36 anos”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O CCU de Monforte estrea nova Xunta Directiva

Seguinte Nova

Nova xestora do PP de
Ribas de Sil presidida por Jose Rodríguez Fernández

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss