Máis de 50.000 persoas coñeceron a Ribeira Sacra a bordo dos catamaráns da Deputación

Foto GPDL

Máis de 50.000 persoas coñeceron a Ribeira Sacra este ano 2022, desde o mes de marzo ata esta fin de semana, a bordo dos catamaráns que xestiona a Deputación de Lugo polos Canóns do Sil e o río Miño. En total, esta temporada foron 51.420 os usuarios e usuarias que realizaron estas rutas fluviais coñecendo desde un punto de vista diferente este enclave natural declarado Reserva da Biosfera pola Unesco. En concreto, na ruta do Canón do Sil, que parte do embarcadoiro de Ponte do Sil, en Monforte de Lemos, rexistráronse un total de 39.929 persoas, e na do Cabo do Mundo, con saída de Santo Estevo en Belesar, foron 11.491 viaxeiros.
A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, informou este luns sobre estas cifras que confirman un novo éxito do servizo provincial, «son datos moi bos que afianzan o modelo de turismo polo que apostamos dende a institución, un turismo de calidade, proximidade e non masificado capaz de atraer visitantes durante todo o ano». Así mesmo, o grao de satisfacción dos participantes segundo os resultados obtidos dunha mostra de 1520 enquisas realizadas online “son moi favorables”, explicou García Porto, e están a supoñer un importante “polo de atracción turística da provincia de Lugo, especialmente para a Ribeira Sacra”. Os datos avalan, dixo, que a actividade do catamarán da Deputación “foi para preto do 42% dos participantes a súa principal actividade durante o seu paso polo territorio”. Outro indicativo importante é o feito de que “preto do 80% dos usuarios visitaron por primeira vez a Ribeira Sacra na súa viaxe, mentres que máis do 25% repetía experiencia”, destacou García Porto.

MOTOR DE ATRACCIÓN TURÍSTICA
Unhas cifras que demostran por tanto que “as rutas fluviais que ofrece a institución provincial están a ser ano tras ano un motor moi importante de atracción turística para a provincia de Lugo, especialmente para a Ribeira Sacra, en tanto que xeran un efecto multiplicador en termos de pernoitas e de consumo, contribuíndo así de maneira directa á dinamización económica, da hostalería, do turismo e do comercio”,
En canto á demanda das viaxes, o 76,45 % dos participantes realizaron a ruta do Canón do Sil, o 19, 93% a ruta Cabo do Mundo e o restante 3,62 % optou por ambas rutas. A diferencia de participación entre estes itinerarios débese en parte á suspensión da actividade da ruta polo Miño por causas alleas á institución provincial. A ruta leva sen operar desde o pasado 9 de outubro polos labores de mantemento de Naturgy no encoro dos Peares que provocou una redución do nivel da auga, o que imposibilitou a navegación por motivos de seguridade.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Escola de Música Moderna de Monforte celebra o seu Festival de Nadal

Seguinte Nova

Un documental emitido por TVE proxecta a riqueza gastronómica da provincia de Lugo

Últimas noticias sobre TURISMO

Ir aInicio

Don't Miss