Mercar en Quiroga ten premio

A Asociación de empresarios e comerciantes do Xeoparque Montañas do Courel, coa finalidade de incentivar as vendas durante este mes de decembro, ten en marcha a campaña “Nadal viaxeiro e gastón”.

NADAL VIAXEIRO E GASTÓN
En cada un dos locais participantes hai unha urna onde se deberán depositar os tickets, con nome e número de teléfono, que se dan por cada compra superior a 10 euros.

PREMIOS VALORADOS EN 1.200 EUROS
Os premios, valorados en 1.200 euros, aos que poderán optar todas aquelas persoas que merquen no comercio local ata o 2 de xaneiro son dúas viaxes ( 2 noites no Hotel Talaso de Baiona e 1 noite no Rectoral de Castillón) e dúas compras express de 300 euros.
A promoción estará vixente ata o venres día 2 de xaneiro e o sorteo celebrarase ao día seguinte. Tras o sorteo farase público o nome dos gañadores a través do facebook da asociación.

INVICTACIÓN A APOIAR AO PEQUENO COMERCIO LOCAL DE QUIROGA
A presidenta da asociación de comerciantes, Almudena Rodríguez, anima a todos os veciños a que este Nadal apoien ao pequeno comercio comprando nos establecementos locais. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Quiroga aproba os Orzamentos de 2023

Seguinte Nova

Chantada e Sarria celebran o Nadal

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss