• Está previsto que comece a súa actividade a finais de 2023 e que conte, no período 2023-2025, con cerca de 35-40 profesionais altamente capacitados e certificados
O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, a Secretaria de Estado de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, Isabel Pardo de Vera, e o presidente de Renfe, Isaías Táboas, anunciaron a creación dun novo Centro de Competencias Dixitais (CCD) de Renfe especializado en operacións de Ciberseguridade. “Este futuro CCD, en el que Renfe investirá casi 1 millón de euros, se suma así a los ya creados en Mérida, Miranda de Ebro, Alcazar de San Juan, Linares y Teruel, y se enmarcan dentro de la Estrategia Nacional frente al Reto Demográfico para la deslocalización de actividades para combatir la despoblación”, explicou Pardo de Vera.
Neste senso, o Alcalde agradeceu o esforzo e o interese tanto do Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, como da propia Renfe, e resaltou que “Renfe debe seguir xogando en Monforte un papel moi importante, algo ó que sen dúbida contribuirá este Centro”.
O presidente de Renfe, na súa intervención, adiantou os pormenores deste novo CCD: “Renfe, a través de su filial LogiRAIL, creará en Monforte de Lemos un Centro de Competencias Digitales (CCD) especializado en Operaciones de Ciberseguridad. Está previsto que comience su actividad a finales de 2023 y que cuente, en el periodo 2023-2025, con unos 35-40 profesionales altamente capacitados y certificados”. Isaías Táboas resaltou ademais que “será el primer centro de operaciones de seguridad ferroviario especializado de estas características que existe a nivel europeo”.
Neste senso José Tomé, resaltou a importancia dente novo Centro “porque se somos ambiciosos e facemos as cousas ben, do 40 postos de traballo que crearemos inicialmente a través del, poderemos alcanzar os 100 postos altamente cualificados”.
OBXECTIVOS E PRAZOS
O novo CCD de Renfe en Galicia terá a misión de detectar, analizar e corrixir incidencias de ciberseguridade, utilizando as solucións tecnolóxicas máis avanzadas do sector. Ademais, este Centro de Operacións de Seguridade (SOC) pode ser a base para a creación e desenvolvemento dun Clúster Empresarial de Ciberseguridade aplicado ao sector ferroviario europeo. O de Monforte de Lemos será un SOC ferroviario especializado en IT (Information Technology) + OT (Operational Technology) + IoT (Internet of things) e estará formado por un equipo altamente capacitado e certificado en ciberseguridade, de entre 35- 40 profesionais (no período 2023-2025).
Está previsto que Renfe inicie o programa de formación profesional no terceiro trimestre de 2023 para que o centro operativo inicie a súa actividade no cuarto trimestre do próximo ano.
As instalacións do novo CCD terán unha superficie de 600m2, cumprindo cos requisitos e normativas de seguridade da industria: validación do Esquema Nacional de Seguridade, Certificación ISO 27001 e validacións do Centro Nacional de Infraestruturas Críticas e pola Oficina de Coordinación de Ciberseguridade do Ministerio do Interior, entre outros.•
O PP afea a apetura do centro de ciberseguridade mentres Monforte e Lugo seguen desconectadas de Galicia e de España
Ao respecto do anuncio de que Monforte será a sede do primeiro centro de ciberseguridade de Renfe, o PP lamenta que esta noticia non vaia acompañada das actuacións precisas para reverter a “desconexión ferroviaria” á que Sánchez, da man do Goberno central, somete a Galicia e en especial á provincia de Lugo. Os populares consideran neste sentido que “de nada vale un centro de ciberseguridade se nin o concello de Monforte nin a provincia contan con boas conexións ferroviarias co resto de cidades galegas e con España”. Lamentan tamén o “partidismo” deste anuncio, xa que nin o Goberno galego da Xunta tiña coñecemento previamente nin se contou no acto con ningún representante do Partido Popular: “Constatamos unha vez máis que os altos cargos de Pedro Sánchez, mesmo galegos, seguen estando en Galicia pero non con Galicia”.•