O pasado 14 de decembro, a cidade de Toledo acolleu a 62ª Asemblea Xeral da Rede de Xuderías de España, que puxo fin á quenda anual de Presidencia que, durante 2022, ocupou o Excmo. Alcalde de Lucena, D. Juan Pérez. En 2023, a Presidencia da asociación recaerá no Excmo. Alcalde de Monforte de Lemos, D. José Tomé, quen toma a substitución asumindo o orgullo que supón a presidencia para a cidade.
A xornada da Asemblea, que foi celebrada no Museo Sefardí de Toledo, iniciouse para os asistentes cunha visita guiada polos elementos patrimoniais xudeus máis importantes da cidade. No transcurso da Asemblea fíxose un repaso ás accións que se levaron a cabo ao longo de 2022 nas principais áreas de actuación da asociación, aprobouse o orzamento de actividades para o exercicio 2023, e estableceuse a necesidade de flexibilizar os criterios para futuras adhesións á Rede de Xuderías de España daquelas cidades que conten nos seus municipios cun importante legado xudeu.
Este encontro institucional contou coa presenza dos alcaldes e concelleiros das cidades pertencentes á Asociación, que estiveron acompañados polo Excmo. Vicealcalde de Toledo, D. José Pablo Sabrido, que substituía á Excma. Alcaldesa de Toledo, Dª Milagros Tolón, que non puido asistir en último momento por enfermidade.
Ademais, a cea contou coa asistencia e intervencións da embaixadora de Israel en España, Rodica Radia-Gordon; a presidenta da Comunidade Xudía de Madrid, Estrela Bengio, e de Israel Doncel Martín, responsable de Relacións Institucionais do Centro Sefarad-Israel, quen en cuxos discursos insistiron na mensaxe da oportunidade que as boas relacións entre as institucións propician para crear accións de respecto ás culturas, de concordia e de loita contra o antisemitismo.
UN RETO ENORME
O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, foi o encargado de pechar esta 61ª asemblea e felicitou, na súa intervención, ó seu predecesor “en este puesto, el Alcalde de Lucena, y a todo su equipo, por su empeño, ilusión y trabajo constante a lo largo de este año 2022”.
José Tomé salientou o feito de que “la capitalidad de la Red de Juderías recaiga en Monforte de Lemos es para nosotros un reto enorme, pero que afrontamos con enorme ilusión y con muchas ganas. Hay mucho trabajo hecho, pero queda tambien mucho por hacer”. Tomé sinalou a importancia do traballo en rede para “potenciar las distintas acciones que desarrollamos” nun momento no que o interese polo pasado sefardí ten unha pegada no turismo cultural. “Existe una demanda creciente. A las oficinas de turismo llega cada vez más gente que pregunta por las juderías. En Monforte hemos tenido que ampliar las rutas. La gente quiere conocer el pasado y la cultura de esos otros pueblos que vivieron entre nosotros y nos han dejado su legado”.
O obxectivo marcado polo Alcalde coa presidencia da Red é “seguir poniendo en valor y difundir la riqueza patrimonial y cultural sefardí que albergamos en las 21 ciudades miembros de esta Red”. Tomé salientou que “el interés de nuevas ciudades por incorporarse a esta Red es prueba de que vamos bien”.
A presidencia durante o ano 2023 servirá para dar a coñecer e difundir o potencial turístico tanto de Monforte como da Ribeira Sacra. O rexedor subliñou que “Monforte y la Ribeira Sacra están de moda; somos uno de los principales destinos turísticos de Galicia, porque ofrecemos una oferta turística y cultural de calidad, sostenible, no masificada y de experiencias”. Por iso, convidou e animou ós membros da Red de Juderías a acudir á próxima asemblea xeral que se celebrará en Monforte, “porque no se van a sentir defraudados”.
E concluíu sinalando que Monforte “acoge la presidencia de la Red de Juderías en un momento óptimo de su historia reciente, y estoy seguro de que con el trabajo incansable que llevaremos a cabo y, sobre todo, gracias al apoyo y a la confianza de todos vosotros, seguiremos alcanzando todas las metas que nos propongamos, y seguiremos consolidando los sólidos cimientos de esta Red de Juderías, para así seguir poniendo en valor y reafirmando nuestro pasado judío común”.•