Nova xestora do PP de
Ribas de Sil presidida por Jose Rodríguez Fernández

Jose Rodríguez Fernández foi nomeado presidente da xestora do PP de Ribas de Sil co obxectivo de renovar e reforzar a agrupación local. Rodríguez é natural de San Clodio, ten 23 anos e forma parte de Novas Xeracións do PP dende fai cinco anos. Socorrista e opositor a técnico medioambiental, amósase moi ilusionado e con ganas de traballar por Ribas de Sil: “Quero facer algo por mellorar o meu pobo, que non siga indo cara abaixo. E cando me deron a oportunidade dixen para adiante”. O novo presidente presentará en próximas datas o seu equipo no que agarda contar con “xente nova e tamén veciños e veciñas con experiencia dispostos a traballar polo noso pobo”. Co obxectivo de “fortalecer o Partido Popular no noso concello a longo prazo”, Rodríguez convida a “unirse ao proxecto do PP a todos aquelas persoas que queiran mellorar o noso pobo”.
A dirección provincial amosa o seu agradecemento polo compromiso de Jose Rodríguez Fernández.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Julio Álvarez non será candidato á alcaldía de Quiroga nas vindeiras eleccións municipais

Seguinte Nova

A Vicepresidencia achegou mais de 75.000 euros ás entidades deportivas das comarcas do sur

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss