O 2 de xaneiro abrirase o prazo para solicitar as axudas para o alugueiro de vivenda

A Xunta de Galicia abrirá o vindeiro 2 de xaneiro o prazo para a presentación de solicitudes de axudas para o alugueiro de vivenda e permanecerá aberto ata o día 5 de maio de 2023 ou o esgotamento do orzamento.
Estas convocatoria conta cunha partida de 13,75 millóns de euros e as axudas poden chegar ata os 300 euros mensuais para o pago do alugueiro ás persoas cuxa renda non supere 3 veces o Iprem (24.318,84 euros), límite que se incrementa ata 4 ou 5 veces no caso de familias numerosas ou con persoas con discapacidade. Tamén deberán acreditar uns ingresos mínimos de 0,5 veces o Iprem.
O importe da axuda será do 50% da renda establecida no contrato, excluídos os gastos de comunidade e a renda de anexos como garaxes ou rochos. A resolución limita a renda máxima das vivendas que poderán acollerse a este financiamento. Será de 600 euros nas 7 grandes cidades, de 500 euros nos concellos da zona territorial 1 (que agrupa as principais vilas e concellos de carácter urbano) e de 400 euros nos concellos da zona territorial 2, na que se inclúen os concellos de carácter rural.
No caso de que as persoas inquilinas sexan membros de familias numerosas e estean todas elas empadroadas na vivenda ou sexan integrantes dunha unidade de convivencia que precise unha vivenda adaptada para algún dos seus membros, o prezo máximo do alugueiro poderá incrementarse nun 20 por cento.
As axudas concederanse por un prazo de 12 meses, coa opción de ser renovadas anualmente ata un máximo de 5 anos. A maiores, os solicitantes deberán contar cun contrato de alugueiro cunha duración mínima dun ano e a vivenda arrendada será a súa residencia habitual e permanente.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O fotógrafo monfortino Manuel Valcárcel expón
Destino, no Pazo de San Marcos

Seguinte Nova

Sarria prepara su Milla Urbana do 31 de decembro de 2022

Últimas noticias sobre AXUDAS

Ir aInicio

Don't Miss